Tecnocreatividade, claves para entender e vivir o renacemento dixital na Casa das Campás de Pontevedra
O vindeiro mércores, 20 de abril ás 19,30h, estará David Alayón Armas na Casa das Campás para dar una charla sobre “Tecnocreatividad, claves para entender y vivir el renacimiento digital“.
Falará sobre como os cambios políticos, económicos, sociais, culturais, etc. son xerados por un denominador común: a tecnoloxía. Neste contexto surxe a TecnoCreatividade, un movemento que ten como misión formar e potenciar a persoas capaces de entender e vivir o contexto cambiante que nos rodea. O seu obxectivo consiste en acadar a excelencia nunha área sen quitar a atención ao resto de áreas complementarias para así adquirir un maior entendemento de si mesmo e do universo que rodea ao individuo desde os early adopters (usuarios pioneiros) ata os emprendedores áxiles.
David Alayón Armas é responsable de proxectos de innovación do Grupo Inditex. Cofundador e Creative Technologist Advisor (asesor tecnolóxico) de Innuba, un proxecto centrado en axudar ás marcas e ás empresas a deseñar e innovar produtos, servizos e espazos que xeran un impacto positivo na sociedade; Cofundador e Technical Advisor de Mindset, unha consultora estratéxica especializada en transformación dixital a través de persoas, talento e xestión do coñecemento; e Cofundador e Business Development Advisor de GuudTV, un motor de procesado de big data que analiza conversacións sociais en tempo real e ofrece produtos especializados e centrados no Live Engagement. Ten colaborado en na TEDx, ZincShower ou Campus Party e con escolas creativas como The College of Everything ou Miami Ad School.
La charla diríxese tanto a empresarios/as de cara á xestión de talentos e captación destes, así como a estudantes de último curso e egresados a punto de integrarse no mercado laboral.
Ao remate da presentación, abrirase unha rolda aberta de preguntas aos asistentes.
Presentación de proxectos docentes do Campus de Pontevedra
A Casa das Campás, sede reitoral da Universidade celebrará unha sesión o xoves, 21 de abril a partir das 18h. A sesión é aberta ao público xeral, pero quere atraer especialmente a presenza de pais e nais para poder presentar diversas iniciativas que se levan a cabo con estudantes e como se ofrece a docencia nos distintos graos do campus.
Os proxectos docentes que se presentarán serán os seguintes:
Participación no Primeiro Concurso Internacional XMMINT Project, Xabier Martínez Rolán
O prego desdobrado, Grupo DX5
Alkimia ou como promover o interese dos estudantes de bacharelato cara o mundo da química, Beatriz Legerén Lago
Os percorridos de estudo e investigación na transición da ensinanza secundaria á universitaria, José Manuel Casas Mirás
Creación dun MOOC como proposta colaborativa multidisciplinar, Paulino Pérez Feijoo
Metodoloxía, contidos e ferramentas dun caso aplicado de flipped learning: comunicación televisiva, Alberto Dafonte Gómez
Como achegar a xestión pública á nosa contorna global? O caso do Grao en Dirección e Xestión Pública e o Master en Dirección Pública e Liderado
Institucional, Enrique Varela Álvarez
A rede social ELGG na formación inicial do profesorado dos graos en educación infantil e de primaria, María Álvarez Lires
Alén de FAITIC: ensinar o francés por proxectos nunha aula divertida, Carlos Valcárcel Riveiro
Una vez presentados estes proxectos, Ana de Echave dará una breve charla sobre como “Fomentar la creatividad a través de la realidad aumentada” e darase paso a unha rolda aberta de preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario