A Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA, que se vai celebrar este xoves, día 27,
non se vai levar a cabo no Paraninfo do instituto, como estaba previsto, senón no
soto -2, na aula S23.
O Paraninfo está a ser preparado para o Samaín.
A Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA, que se vai celebrar este xoves, día 27,
non se vai levar a cabo no Paraninfo do instituto, como estaba previsto, senón no
soto -2, na aula S23.
O Paraninfo está a ser preparado para o Samaín.
RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022:
...
“Cuarto. Para paliar na medida do posible estas consecuencias, cómpre efectuar unha ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50 €, e concederlles 25 € adicionais ata acadar un importe total de 75 €.”
...
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0655-061022-0001_gl.html
Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/37824
A obra de teatro
"Cuatro corazones con freno y marcha atrás", que o grupo de teatro do
profesorado do noso instituto ía representar este xoves, día 20, cambia para o xoves
3 de novembro, ás 20 h, por enfermidade.
O profesorado do IES Sánchez Cantón ten un grupo de teatro, e o día 20
deste mes, xoves, vainos ofrecer a obra “4 corazones con freno y marcha atrás”,
unha obra de teatro moi orixinal, que é unha das comedias máis divertidas do escritor
Enrique Jardiel Poncela.
Será no Paraninfo do instituto, ás oito do serán (20 h), e a entrada é gratuíta.
Non vola perdades, a obra é moi boa, e o grupo de teatro do profesorado do noso instituto non ten nada que envexar a calquera grupo de teatro de profesionais, é realmente boísimo!!!