Enlazamos a información do Instituto sobre a dispoñibilidade de prazas para o vindeiro curso e sobre a apertura dun prazo para presentar a documentación para baremar, do 23 de abril ao 3 de maio, posto que nalgúns cursos hai máis solicitudes ca prazas.
21 de abr. de 2013
19 de abr. de 2013
Conferencia OS MENORES ANTE AS NOVAS TECNOLOXÍAS
Convidámosvos a participar o vindeiro 2 de maio, ás 20.00 horas, nunha interesante charla ofrecida polo responsable do Equipo de investigación Tecnolóxica da Garda Civil, D. José E. Torres Meira, no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
Explicaranse
aos pais e nais que asistan ao acto o funcionamento e as características
de sistemas que van desde a telefonía móbil, as redes sociais
como Facebook, Tuenti.... así como a
mensaxería instantánea ou o chat, as redes P2P ou o Wifi Chat.
Ademais de informar sobre como funcionan e os atractivos e vantaxes que estes sistemas presentan para os mozos e mozas incidirase de xeito especial nos riscos que pode presentar un uso indebido delas, ben de forma consciente ou por descoñecemento dos problemas que poden conlevar. Así, abordaranse aspectos como o acoso (grooming e cyberbullying) ou as URL's perniciosas. Trala explicación, os asistentes poderán facer todas as preguntas que consideren oportunas.
Ademais de informar sobre como funcionan e os atractivos e vantaxes que estes sistemas presentan para os mozos e mozas incidirase de xeito especial nos riscos que pode presentar un uso indebido delas, ben de forma consciente ou por descoñecemento dos problemas que poden conlevar. Así, abordaranse aspectos como o acoso (grooming e cyberbullying) ou as URL's perniciosas. Trala explicación, os asistentes poderán facer todas as preguntas que consideren oportunas.
O obxectivo desta actividade é garantir que mozos e mozas poidan gozar das novas tecnoloxías e das grandes posibilidades que estas ofrecen tanto no eido educativo como lúdico e social sen correr riscos, de xeito seguro e poñendo os medios precisos para garantir a seguridade, privacidade e a intimidade dos usuarios.
Viaxe cultural a Barcelona para 1ª de Bacharelato
Esta actividade foi aprobada no Consello Escolar e se desenvolverá entre os días 22 e 28 de xuño de 2013.
Podedes consultar nesta ligazón o plan de viaxe provisional
Infórmannos desde o Instituto de que se amplía o prazo de inscrición desta actividade ata o día 25 de abril, e que se están a redactar uns criterios de participación do alumnado nas actividades culturais. Ver máis información sobre os regulamento de participación
Lembrade que o custe da actividade ten unha bonificación para os/as asociados/as da ANPA.
11 de abr. de 2013
Campamento de inglés organizado pola FANPA
A Fanpa organiza un campamento de inglés para estudantes de ESO e bacharelato. A actividade terá lugar no Albergue Mouriscade de Lalín do 14 ao 21 de xullo.
Hai prezos reducidos para alumnos/as socios/as de ANPAS federadas.
Máis información do campamento
Hai prezos reducidos para alumnos/as socios/as de ANPAS federadas.
Máis información do campamento
10 de abr. de 2013
O II Salón Formativo EDUGAL celebrarase no Recinto Feiral de Pontevedra os días 12, 13 e 14 de abril de 2013
Unha interesante cita esta fin de semana dirixida a profesionais e familias para promocionar a educación superior.
Os alumnos e alumnas do Sánchez Cantón estarán este venres no Salón.
Segue EDUGAL en Twitter
Segue EDUGAL en Facebook
Os alumnos e alumnas do Sánchez Cantón estarán este venres no Salón.
Segue EDUGAL en Twitter
Segue EDUGAL en Facebook
I Certame de Relato Curto organizado pola FANPA
A FANPA, en colaboración co Concello e a Deputación de Pontevedra, organiza un certame de relato curto en lingua galega no que poden paticipar alumnos e alumnas de centros de ensino público de Pontevedra así como as súas familias.
Repartiranse 800 euros en premios entre as distintas categorías e publicarase un libro colectivo cos relatos gañadores e finalistas.
O prazo para presentar os relatos remata o día 30 de abril.
Máis información nas bases do certame
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)