14 de dec. de 2021

ESCOLA DE FAMILIAS – Uso responsable das redes sociais

Charla organizada polo IES Sánchez Cantón e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Día: Martes 14 de decembro

Hora: 19,30 h

Lugar: Biblioteca do IES Sánchez Cantón




29 de nov. de 2021

Que actividades hai no IES Sánchez Cantón?

Moitas!!!


Biblioteca Charo Sánchez-Gabriel

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/page/view.php?id=23104


Club de Ciencia

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/course/view.php?id=1537

https://sanchezcanton.wixsite.com/cienciamaker


Mulleres na Ciencia

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/course/view.php?id=1586


Pontenciencia

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/course/view.php?id=1596


Horto escolar

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/page/view.php?id=24163


Grupo de Normalización Lingüística / Equipo de Dinamización da Lingua Galega

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/course/view.php?id=652


Revista Cartafol

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/book/view.php?id=16677


21 Días co Galego e máis!

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/course/view.php?id=1589


Clubs de Lectura

https://nubedepalabrasc.blogspot.com


Teatro

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/course/view.php?id=507


Consello da Muller Nova

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/course/view.php?id=887


Convivencia en positivo

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/course/view.php?id=901


Proxecto deportivo de centro (PDC)

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/page/view.php?id=15880


A bicicleta no Sánchez Cantón

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/page/view.php?id=24166



11 de nov. de 2021

Medidas organizativas nos centros educativos como consecuencia da pandemia da COVID-19

Resolución do 10 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a adopción de medidas organizativas nos centros educativos como consecuencia da pandemia da COVID-19:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35077



21 de out. de 2021

FANPA - Clases extraescolares de inglés

Coma en cursos anteriores, a FANPA (Federación Provincial de ANPAs de Pontevedra) oferta, por medio de Global Project, clases de inglés para alumnado de institutos, de cara a preparar as certificacións da Universidade de Cambrigde, neste curso académico 2021-2022.

Máis información en:

https://www.nontedurmas.org/actividades/preparacion-das-probas-de-nivel-de-ingles-con-global-project/



Horarios do curso 2021-2022

Os horarios do alumnado, de cada aula, están no espazo Abalar.

Cada familia ten acceso ao horario das súas fillas e fillos.



25 de set. de 2021

Obradoiro de Teatro no curso 2021-2022

Este curso farase Teatro como actividade extraescolar.

Será os xoves pola tarde:

* de 16,30 a 17, 45 h: 1º e 2º da ESO,

*de 17,45 a 19 h: 3º e 4º da ESO, e 1º de BACH.

Empezará en outubro.

O prezo será de 15 euros ao mes, agás para o alumnado que pertenza á ANPA, que será de 10 euros ao mes, porque a ANPA pagaralle ao Obradoiro de Teatro 5 euros ao mes, por cada alumn@ fill@ das familias pertencentes á ANPA.


Como podedes as familias facervos socias da ANPA?

Descargade a ficha do blog da ANPA (no enderezo de abaixo), cubrídea e metédea, xunto coa confirmación do pago no banco, no buzón da ANPA que hai no vestíbulo do instituto.

http://anpaoverxel.blogspot.com/2021/06/ficha-para-subscribirse-anpa-o-verxel.html





31 de ago. de 2021

Recollida de libros de texto do instituto

Datas e horas para devolver os libros de texto do instituto, prestados para o curso pasado:


Setembro 2021:

1º ESO: luns, día 6, ás 11 h.

2º ESO: luns, día 6, ás 12 h.

3º ESO: venres, día 3, ás 10 h.

4º ESO: venres, día 3, ás 11 h.


É preciso devolvelos para non ter que asumir o custo económico deles.



27 de xuño de 2021

Ficha para subscribirse á ANPA “O Verxel”

A ficha vai co sobre da matrícula, pero tamén podedes descargala de aquí, se a necesitades.

Por favor, escribide con LETRA CLARA, sobre todo o voso enderezo de correo electrónico, porque se despois queremos enviar algún aviso e non se entende a letra, non podemos envialo.




25 de xuño de 2021

Recollida dos libros de texto á fin do curso 2020-2021

1º e 2º da ESO:


Lugar: vestíbulo de entrada do instituto.

Día e horario: martes, 29 de xuño, de 12 a 14 h.


Só os libros das materias que aprobaron en xuño.

Quen suspenda, pode quedar cos libros desas materias ata setembro, e devolveraos despois dos exames de setembro.

A recollida terá lugar no vestíbulo do IES observándose todas as medidas sanitarias correspondentes.

Aconséllase traer os libros nunha bolsa de plástico; indicando o nivel educativo, o nome e apelidos do/a alumno/a, e a relación de libros que entrega, nunha “etiqueta” pegada no exterior da bolsa.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=19060#p59511


3º e 4º da ESO:


Lugar: vestíbulo de entrada do instituto.

Día e horario: xoves, 1 de xullo:

     3º ESO: de 10 a 11 h.

     4º ESO: de 11,30 a 12,30 h.


Só os libros das materias que aprobaron en xuño.

Quen suspenda, pode quedar cos libros desas materias ata setembro, e devolveraos despois dos exames de setembro.

A recollida terá lugar no vestíbulo do IES observándose todas as medidas sanitarias correspondentes.

Aconséllase traer os libros nunha bolsa de plástico; indicando o nivel educativo, o nome e apelidos do/a alumno/a, e a relación de libros que entrega, nunha “etiqueta” pegada no exterior da bolsa.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=19061#p59512



Matrícula para o curso 2021-2022

As datas de matrícula nos distintos cursos están expostas no instituto e na súa páxina web.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=19059#p59510


22 de xuño de 2021

Revista CARTAFOL

Saíu xa a revista do instituto: CARTAFOL, que este curso académico fai o seu número 26.

Saíu en formato dixital, e está publicada na web do instituto.

Dámoslle a benvida a este novo número da revista, coma todos os anos, e animámosvos a lela en pdf, a baixala, a distribuíla, a facer propaganda da nosa revista..., non porque sexa a mellor do mundo, senón porque é a nosa!

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/book/view.php?id=16677&chapterid=2026



21 de xuño de 2021

Devolución libros da Biblioteca do Instituto

Dende o instituto lémbranlle a todo o alumnado que teña libros da Biblioteca do instituto, porque os pediron para ler, ou porque son dalgún dos Clubs de Lectura do IES, e que aínda non os devolveron, que os deixen na cesta que hai para eles, preto da conserxería.

Información na web do instituto, en:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=19044#p59493



13 de xuño de 2021

Calendario escolar para o curso 2021-2022

ORDE do 19 de maio de 2021, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 4 de xuño de 2021):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210604/AnuncioG0598-210521-0001_gl.html



1 de xuño de 2021

Actividade de Fin de curso para ESO

O alumnado de ESO do IES Sánchez Cantón finalizará o curso cunha actividade moi especial.

A situación sanitaria impide a celebración doutro tipo de festas de fin de curso, así que os catro cursos da ESO participarán nunha gymkhana pola cidade, divididos por aulas, os días 21 e 22 de xuño.

É necesaria a autorización das persoas responsables do alumado para que poidan participar. As titoras e titores avisarán de como se entregará.

Máis información na web do instituto, en:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=18871#p59227



31 de maio de 2021

Axudas para material escolar

Lembrade que está aberto o prazo para facer as solicitudes de axudas para material escolar.

E que este prazo REMATA o 22 de xuño de 2021.

Cursos do instituto aos que van dirixidas as axudas: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

Máis información na web do instituto en:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=18870#p59226



20 de abr. de 2021

Axudas do Concello de Pontevedra para mercar ordenadores (2)

As solicitudes de axudas poden presentarse presencialmente no Concello ou a través da súa sede electrónica.

Só pode presentarse unha solicitude por unidade de convivencia, aínda que esta pode incluír varias fillas ou fillos.

Terán prioridade nas concesións as familias con menor renda e maior puntuación nas circunstancias que recolle a convocatoria.

Poden aportarse certificados de ingresos de pensións, desemprego, Risga ou circunstancia similar, así como certificados de discapacidade ou dependencia, documentación relativa a violencia de xénero, sentencia de divorcio na que conste a custodia da descencendencia, resolución xudicial sobre acollemento ou tutela ou acreditación de monoparentalidade expedida pola Xunta de Galicia.

Documentación básica que será necesario achegar para presentar as solicitudes: DNI da persoa solicitante, libro de familia, declaración da Renda de 2019 dos membros da unidade familiar e certificado de matriculación no centro educativo no curso 2020-2021.

Os equipos informáticos obxecto de subvención (ordenadores portátiles ou de sobremesa) serán os adquiridos entre o 14 de marzo de 2020 e o 31 de decembro deste ano. As familias beneficiarias poderán cobrar por adiantado unha vez que a axuda estea concedida, precisando xustificar a compra coa factura do ordenador ou xustificante de pago antes do 31 de marzo de 2022 (e debendo devolver o importe en caso de non facelo).





19 de abr. de 2021

Axudas do Concello de Pontevedra para mercar ordenadores

Hoxe saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) a convocatoria das axudas para mercar ordenadores portátiles e de sobremesa para o alumnado (menor de 18 anos) de colexios e institutos do Concello de Pontevedra.

É unha iniciativa enmarcada dentro do Plan Supera 21.

Ábrese a entrega de solicitudes mañá, martes, 20 de abril, e pecharase o prazo o mércores 19 de maio.

As subvencións serán dun máximo de 400 euros por ordenador e de 2.000 euros por núcleo familiar.

As oficinas do Plan Supera 21 están situadas na Rúa Dona Teresa para poder facer efectiva esta solicitude de axudas.

As peticións serán tramitadas en réxime de concorrencia competitiva, e a concesión das subvencións realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas, coa fin de establecer unha orde de preferencia segundo necesidades.

As dúbidas que xurdan poderán resolverse chamando aos teléfonos 681 264 835 e 986 804 300 (extensións 7191 ou 7192).


Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra:

https://www.pontevedraviva.com/uploads/textos/an.bop.pontevedra.20210419.2021019712.pdf



16 de abr. de 2021

Na pandemia da COVID-19

D. Juan J. Gestal Otero, Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela (USC), epidemiólogo, e membro do Comité Educativo asesor da Xunta de Galicia no eido docente ante a COVID-19, impartiu onte a charla “A pandemia da COVID-19: encarando a recta final!”, na USC, sobre a evolución neste momento da pandemia.

A situación actual é simple e clara, di el: “Para evitar a 4ª onda da pandemia ou diminuíla, hai que ser moi prudentes, MOI PRUDENTES, e evitar as transmisións por contaxios debidos a contactos”.

É un esforzo necesario, porque a xente quere estar con familiares e amizades, pero é aí onde están a darse os brotes máis importantes neste momento.


Hoxe volvemos ter malas noticias en Galicia: aumentan os concellos onde son necesarias máis restricións, e a situación comeza a complicarse, cunha importante suba dos contaxios e das persoas hospitalizadas.

NON compre agora xuntármonos para celebracións, aínda que sexan ao aire libre. As comidas grupais son focos de expansión do coronavirus.

Lembrades os refráns que din: “Máis vale tarde ca nunca” ou “Lento, pero seguro”? Lembrades aquela canción: “... después me dijo un arriero que no hay que llegar primero, pero hay que saber llegar”?... Pois neste momento son de aplicación!


Coidádevos e coidade as persoas ás que queredes!



Ilustracións de Milo Manara


Cribado da COVID-19 en alumnado dos institutos de Pontevedra

Unha iniciativa da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración co Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra e as farmacias da provincia, aborda a necesidade de facer un cribado entre os e as adolescentes de 12 a 17 anos, a través das farmacias, no marco das accións de loita contra a COVID-19.

O éxito deste cribado, do que se beneficiará TODA a poboación, depende da participación masiva dos e das adolescentes a quen vai dirixido, e para iso é imprescindible a colaboración das familias na difusión desta iniciativa e na participación dos seus fillos e fillas na realización da proba.

A proba é moi sinxela: só se necesita unha mostra de saliva auto-recollida no domicilio do alumnado.

Hai que ir buscar o tubiño co reactivo a unha farmacia: se o alumnado é menor de 16 anos, ten que ir unha persoa adulta responsable de cada rapaz ou rapaza; se teñen 16 ou 17 anos, poden ir sós/soas coa tarxeta sanitaria e o DNI, e asinar na farmacia o papel da entrega do tubo.

Á mañá seguinte, teñen que volver á farmacia, co tubo coa saliva e deixalo alí.

É importante a participación nesta iniciativa para evitar brotes nos centros educativos.

Sen a vosa axuda este cribado non poderá levarse a cabo.


OLLO!

De todos xeitos, se un/unha rapaz/za ten síntomas da COVID-19 ou dunha catarreira, aínda que dea negativa esta proba, non hai que confiarse; sería necesario realizar unha PCR para confirmar ou desmentir o diagnóstico da proba de saliva.


Máis información na web do instituto, en:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=18510



12 de mar. de 2021

Proxecto do Club de Ciencia do IES Sánchez Cantón

O Club de Ciencia do instituto está a levar acabo un estudo que consiste en medir o CO2 e a temperatura das aulas e espazos do centro, para analizar as necesidades e adecuación da ventilación.

A ANPA colaboramos mercando os dous medidores que necesitaban para o proxecto.






Noites Abertas 2021

Programa de participación xuvenil e de lecer alternativo nocturno para a mocidade, impulsado polo Concello de Pontevedra.

Actividades de balde e molonas para a xuventude pontevedresa de 12 a 30 anos nas noites dos venres e sábados.

As actividades están empezando xa, se queres anotarte, bule.

Máis información das actividades e de como apuntarse a elas en:

https://noitesabertas.gal



21 de feb. de 2021

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, con motivo do Día Internacional da Lingua Materna


Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay,
con motivo do Día Internacional da Lingua Materna


“Fomentar o multilingüismo para a inclusión na educación e a sociedade”

21 de febreiro de 2021


Cada 21 de febreiro, no Día Internacional da Lingua Materna, ponse de releve a importancia da diversidade lingüística e o multilingüismo, que son un patrimonio inestimable da humanidade.

Esta edición celébrase nun momento en que o mundo atravesa unha crise sen precedentes.

Esta situación está tendo consecuencias. As desigualdades educativas agudizáronse en todo o mundo, porque, dos 1 500 millóns de alumnos que se viron privados do acceso ás súas aulas no momento álxido da pandemia, demasiados quedaron sen solucións accesibles de educación a distancia.

Ademais, a cancelación de festivais e cerimonias, ou a fraxilidade económica dos creadores e os medios de comunicación, poñen en risco a diversidade cultural.

Precisamente, promover o uso da lingua materna contribúe a facilitar o acceso de todas as persoas á educación e, ao mesmo tempo, a difusión das culturas en toda a súa diversidade.

Así, o tema desta edición, “Fomentar o multilingüismo para a inclusión na educación e a sociedade”, invítanos a apoiar o multilingüismo e o uso das linguas maternas, tanto na escola como na vida cotiá.

Trátase dunha cuestión esencial, porque, a escala mundial, o 40% das persoas non teñen acceso á educación na lingua que mellor falan ou entenden, o que dificulta tanto a súa aprendizaxe como o seu acceso ao patrimonio e ás expresións culturais.

Este ano préstase especial atención á educación multilingüe dende a primeira infancia, con obxecto de que a lingua materna sexa sempre unha avantaxe para os raparigos.

Tanto na educación como en todos os ámbitos da nosa sociedade, o multilingüismo é un factor fundamental para a igualdade, e a UNESCO comprométese a promovelo en todas as partes. Por exemplo, a Organización fomenta a diversidade lingüística en Internet coa fin de mellorar o acceso universal á información e ao coñecemento.

Con ese mesmo espírito, e no marco do Decenio Internacional das Linguas Indíxenas (2022-2032), do que o organismo coordinador é a UNESCO, estanse elaborando plans de acción para situar o multilingüismo como unha prioridade central nas sociedades, especialmente as indíxenas.

Por iso, este Día, e este Decenio, colocan ante nós un  reto: preservar a diversidade lingüística como patrimonio común.

Porque cando unha lingua morre, con ela desaparece un xeito de ver, sentir e pensar o mundo, e múrchase irremediablemente a diversidade cultural.

Polo tanto, neste Día Internacional, a UNESCO fai un chamamento para celebrar o mundo en toda a súa diversidade e apoiar o multilingüismo na vida cotiá.



20 de feb. de 2021

Proxecto “21 días co galego e +”

O IES Sánchez Cantón vai formar parte dun programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que consiste na inmersión en galego durante tres semanas (do 22 de febreiro ao 14 de marzo).

É un programa educativo que ten dous obxectivos lingüísticos:

* Por unha banda, busca o aumento do uso do galego como lingua de comunicación habitual nos ámbitos nos que nos movemos acotío.

* Por outra banda, é unha experiencia de reflexión individual sobre a relación que cada participante ten coas linguas que coñece.


Dende o instituto, animan ás familias a que compartan con fillas e fillos esta experiencia lingüística de aprecio e orgullo pola nosa lingua. Animádevos a facelo!


Hai máis información sobre este proxecto na web do instituto, en:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=18024



23 de xan. de 2021

Orlas fin de estudos no instituto

Está xa na web do instituto a información sobre as orlas de fin de estudos (2º BACH / 2º TSEASD) deste curso 2020-2021:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=17683#p57543

Vai facer a orla o estudo “Beni Feijoo”, e nas súas normas di: “... tendrán que realizar el pago de la misma en el momento de la sesión, para ello traerán el importe en un sobre cerrado haciendo constar su nombre, apellidos y curso al que pertenecen”.

Como a situación creada pola pandemia da COVID-19 afectou a moitas familias, este curso, ás familias socias da ANPA, váiselles pagar, dende a ANPA, a orla, polo que non terán que pagarlla á xente do estudo de fotografía cando a fagan.