14 de set. de 2026

NOVA APP DA ANPA O VERXEL (CURSO 26-27): Xestión de familias socias e informacións relevantes

 


Estimadas familias:

Xa está dispoñible a nova aplicación para facerse socio ou socia da ANPA do IES Sánchez Cantón. Nela atoparedes toda a información sobre a asociación e o carné de socio.

É totalmente gratuita e está dirixida a todas as familias do centro.

Enviámosvos a ligazón e agardamos contar convosco un curso máis.

Nova APP ANPA IES Sánchez  Cantón para IOS e Android:

https://app.appampas.com/sanchezcan/instalate-esta-app/

15 de xuño de 2026

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025/2026 (VENRES 19 XUÑO 2026)


 Invitamos ás familias a participar na asemblea xeral ordinaria da ANPA O Verxel.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025/2026 

Día: VENRES 19 DE XUÑO 2026 

Hora: 

1ª convocatoria: 16:45 horas. 

2ª convocatoria: 17:00 horas. 

Lugar: Aula do Centro (preguntar ao chegar).

ORDE DO DÍA

1. Aprobación da acta da última reunión. 

2. Balance de contas do exercicio. 

3. Balance de actividades realizadas durante o curso 2025/2026. 

4. Obxectivos e proxectos para o vindeiro curso: 

    ○ Implantación dunha nova App. 

    ○ Proposta de aula de teatro para familias. 

    ○ Continuar coa colaboración activa co Centro: Como facela efectiva. 

5. Proposta sobre o uso dos móviles. 

6. Rogos e preguntas por parte das persoas asistentes. 

Agardamos contar coa vosa valiosa presenza para seguir construíndo xuntos unha ANPA activa e participativa. 

20 de abr. de 2026

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA CURSO 2025/2026 (XOVES 23 ABRIL 2026)

Invitamos ás familias a participar nesta asemblea extraordinaria para compartir os seus comentarios e achegas coa nova directiva

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA CURSO 2025/2026 

Día: XOVES 23 DE ABRIL 2026 

Hora: 

1ª convocatoria: 19:45 horas. 

2ª convocatoria: 20:00 horas. 

Lugar: Cafetería Plaza. Praza de Galicia. 

ORDE DO DÍA

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior. 

2.- Presentación da nova directiva da ANPA.

3.- Rogos e preguntas. 

27 de feb. de 2026

TROCALIBROS do Salón do Libro 2026

Con motivo do Salón do Libro, o vindeiro 15 de marzo de 11:00 a 14:00 se celebrará no Recinto feiral de Pontevedra a Feira de Libros Usados (Trocalibros).

O obxetivo desta é proporcionar aos membros da comunidade educativa – alumnado, profesorado, familias – a oportunidade de intercambiar aqueles libros que, por distintos motivos, xa non son utilizados polos seus donos.

Todas as persoas que queiran participar poderán entregar os libros no noso centro a partir do 3 de marzo, e por cada libro entregado, recibirase un vale que será trocado por outro libro o día da feira.

Pódense aportar libros de literatura infantil e xuvenil. A única condición é que estean no mellor estado posible. 

Os libros entregáranse no horario do recreo na Biblioteca do centro.

Para calquera dúbida ou entrega no teléfono 647607416 ou no mail anpa.verxel@gmail.com

Agardamos sexa do voso interés.



20 de feb. de 2026

MENORES CONECTADOS: Obradoiro presencial gratuito para familias

 A Consellería de Educación, en resposta á petición da Anpa O Verxel, convoca no noso centro este obradoiro presencial para familias: 

MENORES CONECTADOS: Educación dixital en ciberseguridade e privacidade

Dirixido ás familias do alumnado con idades comprendidas entre 10 e 18 anos.

Lugar: IES Sánchez Cantón.

Data e hora: Xoves 26 de Febreiro. 18:30h. 

Non será necesaria inscripción. Animádevos a participar.

Contido:

  • Como establecer límites saudables no uso de dispositivos dixitáis
  • Estratexias para supervisar sen invadir a súa privacidade
  • Claves para fomentar hábitos seguros e críticos ante a tecnoloxía
  • Ferramentas de acompañamento parental e recursos adicionais



22 de nov. de 2025

I Xornada de formación para as familias: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

 A Xunta de Galicia desenvolverá unha xornada de formación dirixida ás familias co título “A familia como base do crecemento persoal e emocional”.

A formación abordará aspectos como o establecemento de límites para as rapazas e rapaces ou o uso responsable das novas tecnoloxías.

A xornada terá lugar o vindeiro sábado 29 de novembro no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela en horario de mañá. Pódese realizar a inscrición de balde a través do Portal Educativo, na ligazón https://centros.edu.xunta.gal/dxoie/gl/form/inscricion-formacion-de-familias, ata completar o límite de 300 prazas.

14 de nov. de 2025

🎄 Campaña de Rifas Solidarias para Viaxes Escolares



 Dende o ANPA queremos informar que, tras a solicitude de varias familias, imos colaborar nunha iniciativa de recadación colectiva mediante a venda de rifas, destinada a apoiar economicamente as seguintes viaxes escolares, cuxos participantes respaldaron por votación o seu interese na proposta: a viaxe de intercambio a Cerdeña do alumnado de 4º da ESO e a excursión de 1º de Bacharelato.

📌Como funcionará a recadación?

  • Organizarase unha venda de rifas cuxo premio será unha cesta de produtos do Nadal doada polo supermercado Froiz.
  • A recadación xestionarase de forma separada para cada excursión.
  • O diñeiro recadado en cada grupo repartirase unicamente entre o alumnado que participe activamente na venda e supere o mínimo de participación que se estableza.
  • O importe asignado a cada alumno/a descontarase directamente da cota que lle corresponda pagar pola viaxe.

Esta iniciativa busca fomentar o compromiso e a colaboración entre o alumnado, ao tempo que ofrece unha vía de apoio económico para as familias. Dende o ANPA agradecemos a implicación de todas as persoas que fan posible esta campaña, especialmente ao supermercado Froiz pola súa colaboración.

📌Proceso de Entrega e Venda:

  • Entrega Inicial: Proporcionarase a cada alumno/a un talonario de rifas. Rexistrarase o número de talonario e o nome do alumno/a que o recibe.

  • Recollida de Novos Talonarios: Unha vez que o talonario inicial estea completamente vendido, o alumno/a poderá recoller un novo talonario, momento no que deberá entregar o diñeiro recadado polo talonario anterior.

  • Puntos de Entrega de Diñeiro: A recadación entregarase no instituto os martes á hora de entrada (aos membros do ANPA) ou en Conserxería en calquera outro momento. Se lles é máis cómodo, os pais poden facer ingreso no ES3100490205022910320048 poñendo no concepto RIFAS e o nome do fillo.

📌Prazos de Venda e Devolución:

  • Data Límite de Venda: O prazo máximo para a venda e xestión das rifas é o último día lectivo antes das vacacións de Nadal.

  • Devolución Obrigatoria: Antes da data límite, todos os alumnos/as deberán entregar:

    • Os talonarios de rifas non vendidos (coas súas papeletas correspondentes).

    • O diñeiro total recadado polas rifas vendidas.
Animamos a todos os participantes a involucrarse e a contribuír con entusiasmo!