19 de set. de 2018

A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha A NOVA ETAPA DOS CLUBS DE LECTURA -(OUTUBRO 2018 - 2019).

A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha A NOVA ETAPA DOS CLUBS DE LECTURA -(OUTUBRO 2018 - 2019).

https://bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/es/actividades/clubs-de-lectura

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector:

O período de inscricións nos clubs de lectura da Biblioteca de Pontevedra abrirase o mércores 26 de setembro ás 9.00 h. da mañáA inscrición será presencial no mostrador de recepción da biblioteca (planta baixa)Cada persoa que acuda poderá apuntar nun club a un máximo de dúas persoas (contándose a ela mesma)Só está permitido apuntarse a un único club, pero será posible apuntarse como “reservas” noutro/s clubsSe unha persoa falta a máis de 3 reunións sen xustificación algunha, daráselle de baixa no clubPara formar parte do club é preciso contar co carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Para facer a inscrición non é necesario, sí que hai que facelo antes de que empecen as reunións.O nº de prazas por cada club é de 20

                        CLUBS DE LECTURA 2018-2019

Club de inglés: luns alternos a partir do 8 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club temático 2018-2019 “Voz de muller”*:  martes alternos a partir do 9 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de castelán: todos os mércores a partir do 10 de outubro de 17.00 a 18.00 h.

Club de galego: xoves alternos a partir do día 11 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

18 de set. de 2018

LIBROS III

Ayer se procedió a repartir los libros que el IES tenía en el fondo solidario entre los alumnos de 2° de la ESO. Se repartieron siguiendo los criterios de la Xunta del curso 2017-2018, ya que este año la Consellería no proporcionó dichos criterios actualizados.
Ante la falta de libros para todos los alumnos que los necesitan pedimos a todas aquellas familias que ya tuviesen comprados los libros y no necesiten los del fondo solidario, que procedan a su devolución para que mas alumnos puedan benediciarse de ellos. 

A devolución mañán de 19 a 20 horas no IES.

Muchas gracias.

NON QUEDAN LIBROS DE TEXTO DE 2°ESTÁN TODOS REPARTIDOS

17 de set. de 2018

Libros


A ANPA en colaboración co IES Sánchez Cantón, esta a elaborar nestes días, lotes de libros dispoñibles para 1º e 2º da ESO.
  • Seguiranse os criterios de reparto do curso pasado. 
  • Os libros entregaranse nas aulas ao inicio deste curso escolar 18/19.
  • Alumnado interesado en recoller os libros de texto de 1°ESO dispoñibles, queda convocado para o mércores 19/9/18 de 19 a 20 horas na sala de titoría, do IES Sánchez Cantón.
Esta información está dispoñible nos espazos de comunicación do centro: cabeceira da web e no blog da ANPA O Verxel.(ligazón)
Remitirase copia impresa deste aviso as aulas e a través do espazo abalar.

Libros

A ANPA en colaboración co IES, esta a elaborar  lotes de libros para 1º E 2º da ESO, segundo o criterio de reparto do ano pasado.
Se entregarán nas aulas no inicio do curso

12 de set. de 2018

PROGRAMA DO COMEZO DO CURSO 2018-19 / PRESENTACIÓNS IES SÁNCHEZ CANTÓN DE PONTEVEDRA


PROGRAMA DO COMEZO DO CURSO 2018-19 / PRESENTACIÓNS
IES SÁNCHEZ CANTÓN DE PONTEVEDRA

Lúns 17 de setembro de 2018

09:30 horas: Claustro Profesorado "Entrega de horarios" na Biblioteca do IES Sánchez Cantón

● Presentación 1º ESO ás 10:40 horas no Paraninfo.
● Presentación 2º ESO ás 12:00 horas no Paraninfo.
● Presentación 3º ESO ás 12:50 horas no Paraninfo.
● Presentación 4º ESO ás 13:40 horas no Paraninfo.

● Presentación 1º Bach ás 16:35 horas no Paraninfo.
● Presentación 2º Bach ás 17:25 horas no Paraninfo.

O Profesorado que sexa titor/a acompañará o alumnado do seu curso no Paraninfo onde van
ser recibidos polo Director, que chamará os grupos por orde de lista nos horarios acordados.
A continuación o titor/a acompañará o seu grupo desde o Paraninfo á súa aula onde informará
sobre o horario, normas do centro, profesorado, etc.  Todo o alumnado, unha vez feita a
presentación e despois de ter sido informados de tódalas normas e horarios na aula polo seu
titor/a, permanecerá no centro seguindo o seu horario recién asignado.

       Martes 18 de setembro de 2018

Presentacións Ciclo TSAAFD e CTD Fútbol e Balonmán

● Presentación 1º TSAAFD  martes 18 ás 10:00 horas no Paraninfo 
● Presentación 2º TSAAFD   martes 18 ás 10:30 horas na aula de grupo 2º TSAAFD
● Presentación CTD FÚTBOL E BALONMÁN martes 18 ás 11:15 horas na áula  de Fútbol
do IES Ext. CGTD

A DIRECCIÓN 

              
Pontevedra,a día 10 de setembro de 2018