Un año más, desde la Asociación de Jóvenes Empresarios de
Pontevedra queremos conseguir que todos los niños de la
provincia sonrían esta Navidad.
Por eso os pedimos vuestra colaboración, para que los niños
no pasen frío mientras ven la Cabalgata.
Nos gustaría que cada uno de vosotros trajese una prenda de
ropa que esté en buen estado para que otros niños, de entre
1 y 16 años, puedan utilizarla durante el invierno.
La ropa debería estar dentro de una bolsa y llevar una
etiqueta bien visible con la talla de la prenda o la edad del
usuario. Las prendas se entregan al ANPA de cada Centro o
en las oficinas de la FANPA, antes del próximo viernes día 16.
Desde AJE Pontevedra y la FANPA os agradecemos de
corazón vuestra colaboración que, os aseguramos, arrancará
una sonrisa tanto a padres como a hijos. ENLACE
12 de dec. de 2011
24 de nov. de 2011
CONCENTRACIÓN DÍA 26/11/2011
Estimadas familias,
A FANPA e máis as ANPA acordamos facer o día 26 de novembro ás 13.30 h na praza da Peregrina unha concentración apoiando o ensino público en contra dos recortes actuais. A concentración durará aproximadamente 30 minutos, e rematará coa lectura do manifesto envíado aos medios de comunicación.
É importante a presenza de todas as familias. Sen dúbida a unión fai a forza. Non todos os colexios presentan os mesmos problemas pero en xeral hai motivos máis que suficientes para ver que o ensino público tal e como viña sendo sufriu unha merma. Non podemos quedar de brazos cruzados. Adiantémonos para evitar novos recortes.
Invitade á vosa familia a participar coas ANPA nesta primeira concentración xeral de pais e nais. Todos somos responsables do que acontece ou pode acontecer. A educación dos nosos fillos e fillas é responsabilidade dos pais/nais, non só dos mestres/as. Nós defendemos unha educación en valores, integradora, onde todos e todas temos os mesmos dereitos sen ter en conta a clase social, nin os recursos.
TODOS XUNTOS POR UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA IGUALITARIA E DE CALIDADE!!!
Grazas pola vosa colaboración, os nosos fillos e fillas serán os beneficiarios/as.
ANPA O Verxel do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
Nota: Lembrade de levar en folios slogans á concentración, por exemplo:
- Educación = investimento = non recortes
- Gústame a miña escola, non a cambies
- Preciso axuda, quero o PROA
- Todos somos escola
- Educación pública de calidade
COMUNICADO DA FANPA E DAS ANPAS DE PONTEVEDRA
A FANPA E AS ANPAS DE PONTEVEDRA, nas xuntanzas que mantivemos a semana
pasada, acordamos presentar este comunicado de prensa:
1 A EDUCACIÓN é un valor incuestionable para calquera sociedade.
pasada, acordamos presentar este comunicado de prensa:
1 A EDUCACIÓN é un valor incuestionable para calquera sociedade.
2 A EDUCACIÓN é un dereito de todos os individuos e permite que todas as persoas, sen
ter en conta a súa clase social nin o seu nivel económico, teñan as mesmas oportunidades.
3 EDUCACIÓN significa investimento en futuro.
Por iso, manifestamos:
1 Os pais e nais non imos permitir que ningún goberno recorte as prestacións e
investimentos na educación pública. Esixímoslle á Xunta de Galicia que dea marcha atrás
nas súas medidas de recorte na educación e manteña os servizos e prestacións (tanto
materiais coma de recursos humanos) que se viñan ofrecendo nos colexios e institutos
públicos da nosa comunidade, e que xa eran insuficientes.
2 Os pais e nais somos coñecedores de que agora non se poden desdobrar as aulas. O PROA
(Plan de Reforzo e Orientación Académica) esvaeceuse, os especialistas están a impartir
calquera materia, non se teñen en conta as necesidades individuais de cada centro para
dotalos de PT (Pedagoxía Terapéutica), AL (Audición e Linguaxe), orientadores/as… E todo
se xustifica coa crise. En educación non nos vale. Aquí non pode haber crise. A educación
é o vehículo que nos permitirá saír dela.
3 Os pais e nais sempre nos manisfestamos en apoio dos profesores e profesoras.
Pedímoslles que continúen a pór en marcha as actividades complementarias, xa
reiniciadas na maioría dos centros, (postura que defenderon todos os sindicatos na reunión
coa FANPA); sen dúbida, teñen unha grande importancia na calidade educativa que todos e
todas defendemos.
4 Os pais e nais continuaremos a defender con toda a firmeza necesaria os nosos dereitos
e os dos nosos fillos e fillas para impedir o deterioro do NOSO ENSINO PÚBLICO e
reivindicar a calidade que todos e todas desexamos.
Pontevedra, 23 de novembro de 2011
22 de nov. de 2011
CURSO INTENSIVO MONITOR DE COMEDOR ESCOLAR.
CURSO INTENSIVO
MONITOR DE COMEDOR ESCOLAR.
INCLUYE TÍTULO OFICIAL MANIPULADOR DE ALIMENTOS.
40 horas presenciales.
ORGANIZA:
ESCUELA DE TIEMPO LIBRE DAJALCA
EMPRESA DE OCIO Y TIEMPO LIBRE “ISA NAVEIRO”.
EN LAS INSTALACIONES DEL CASINO MERCANTIL DE PONTEVDERA.
FECHAS: fines de semana de Diciembre de 2011
9, 10 y 11 Diciembre
16, 17 y 18 Diciembre
23 Diciembre.
HORARIOS: Viernes 16h a 21h. Plazo inscripción: 7 Diciembre
Sábados 10h a 14h y de 16h a 20h
Domingos 10h a 14h
PRECIOS: Socios casino mercantil 50€ No socios 65€
PLAZAS LIMITADAS.
INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: 693 43 75 44 (Isabel).
25 de out. de 2011
ENVIO DE AVISOS POR CORREO ELECTRÓNICO
No caso de que algún asociado queira que se lle envien os avisos da ANPA por correo electrónico debe darse de alta na seguinte dirección:
anpaoverxel@gmail.com
anpaoverxel@gmail.com
11 de out. de 2011
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Pola presente convócase a tódolos pais, nais, titores/as de alumnos pertencentes ao ANPA deste Instituto á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará no Paraninfo do I.E.S. o próximo xoves, 13 de outubro, ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda, coa seguinte ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2. Memoria curso anterior.
2. Memoria curso anterior.
3. Proposta de reducción da xornada lectiva de unha das tardes
4. Proxecto de actividades.
5. Lectura e aprobación, se procede, das contas do curso 2010-11.
6. Orzamento do curso 2010-11.
7. Novas incorporacións a Xunta Directiva.
8. Quenda aberta ás palabras.
PONTEVEDRA 06 DE OUTUBRO DE 2011
26 de set. de 2011
APRENDER A EMPRENDER
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza os vindeiros días 4 e 5 de novembro de 2011 unhas Xornadas para Xoves Emprendedores, que terán lugar en Santiago de Compostela.
MAIS INFORMACIÓN
MAIS INFORMACIÓN
17 de set. de 2011
12 de set. de 2011
CALENDARIO ESCOLAR 2011-12
Este é o calendario escolar para o curso 2011-12:
http://www.nontedurmas.org/familias/article/calendario-escolar-para-o-curso-855
http://www.nontedurmas.org/familias/article/calendario-escolar-para-o-curso-855
NOVO CURSO ESCOLAR
Comenza un novo curso escolar e dende a ANPA O VERXEL estreamos este Blog co fin de manter informados os nosos asociados.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)