Como xa saberedes, este curso o instituto cambiou a maneira de xestionar as
viaxes. Isto fixo imposible devolver o diñeiro das saídas, dende a ANPA, como
se viña facendo en cursos anteriores.
O 21 de decembro de 2019, enviamos, a través do blog, un aviso explicando que
o diñeiro se devolvería todo xunto á fin de curso, tal e como se decidiu na
Asemblea Xeral da ANPA de setembro.
Pero esta devolución que tiñamos prevista, e que se ía facer en efectivo e persoalmente
no instituto, faise imposible por mor da corentena pola COVID-19 e polos riscos
que conlevaría xuntar a varias persoas no centro, aínda que fose no mes de
xuño.
Como medida preventiva, e para evitar riscos de posibles contaxios,
pensamos que é mellor facer as devolucións por transferencia, ás familias que
teñen fill@s que foron ás excursións que houbo antes de ter que cancelar todas
as saídas. E, dado que na folla de inscrición non hai que poñer o número de
conta de cadaquén, e, polo tanto, non o temos, precisamos que nos facilitedes
os vosos. Vainos pedir por correo electrónico o tesoureiro da ANPA, Roberto
Rúas, quen vos enviará cartas polo devandito correo electrónico nos días
vindeiros.
Estade atent@s a este tema, porque as mensaxes poden entrarvos ao cartafol
de Spam.
Saúdos cordiais!