23 de dec. de 2020
20 de dec. de 2020
Protocolo do SERGAS ante o coronavirus para o período de Nadal
O SERGAS publicou un protocolo
para a prevención da infección polo coronavirus SARS-CoV-2 durante o período do
Nadal na Comunidade Autónoma de Galicia.
Podemos lelo en:
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/669/Protocolo_Nadal.pdf
18 de dec. de 2020
Instrucións da Consellería de Educación sobre o uso dos Servizos Educativos Dixitais
Instrucións relativas ao
uso dos Servizos Educativos Dixitais Corporativos no marco da emerxencia
sanitaria derivada da pandemia por Covid-19.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32778
8 de dec. de 2020
A Biblioteca do instituto no curso 2020-2021
Durante este curso,
2020-2021, a Biblioteca funciona como aula polas mañás, e isto impide que poida
funcionar como biblioteca, obviamente, e obriga a suspender o servizo da biblioteca
como viña funcionando nos cursos anteriores.
Así que, despois de organizala para este curso, outro curso especial por mor da COVID-19!, de momento vai quedar como indican as normas da web do instituto, que están no enlace que poñemos a continuación (pensade que, en calquera momento, a pandemia pode facer cambiar as programacións, tamén as da Biblioteca).
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/page/view.php?id=23104
6 de nov. de 2020
Protocolos COVID-19
A Xunta presenta o Plan de ensino virtual ante a
Covid-19 como folla de ruta para blindar a calidade da Educación en Galicia
(2-11-2020):
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32313
Decreto e Orde do 4-11-2020 polas que se adoptan medidas específicas en Galicia ante a situación sanitaria creada pola COVID-19:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201104/2476/AnuncioC3B0-041120-1_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201104/2476/AnuncioC3K1-041120-2_gl.html
Recomendacións sobre a ventilación en centros educativos no contexto da COVID-19 (4-11-2020):
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32345
Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 e protocolo de prevención da transmisión da Covid-19 nas actividades extraescolares nos centros de ensino non universitario (4-11-2020):
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32343
- Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 (4-11-2020):
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2020_11_04_protocolo_xeral.pdf
- Protocolo de prevención da transmisión da COVID-19 nas actividades extraescolares (4-11-2020):
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_extraescolares_04_11_20_2.pdf
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Procedemento de xestión de equipamento para alumnado en situación de fenda dixital. Plan de ensino virtual ante a Covid-19 (5-11-2020):
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32350
26 de out. de 2020
Adiamento da Asemblea Xeral da ANPA O Verxel
Ante a situación derivada
da crise sanitaria, xerada pola pandemia da COVID-19, agardabamos unha mellora
para poder convocar a Asemblea Xeral.
Pero a situación empeorou, e as autoridades sanitarias ditaron a Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Así mesmo, o Consello de Ministros, na súa sesión extraordinaria do día 25 de outubro de 2020, aprobou, a través dun Real Decreto, a declaración do estado de alarma inicial de 15 días, extensible a 6 meses, para responder ante a situación de especial risco causada pola COVID-19.
Do mesmo xeito, seguindo as normativas das autoridades da Comunidade Autónoma de Galicia e das estatais, adiamos a celebración da Asemblea Xeral da ANPA, que viña tendo lugar, en cursos pasados, a principios do curso académico.
Pontevedra, 26 de outubro de 2020
A Xunta Directiva da ANPA O Verxel do IES Sánchez Cantón
25 de out. de 2020
Enquisa da ANPA
Resultados da enquisa feita ás familias de Bacharelato, socias da ANPA, sobre a docencia, a principios do curso 2020-2021.
23 de out. de 2020
Pasamento de Malena
Hoxe, 22-10-2020, morreu Mª Elena Centeno Pardilla, Malena, profesora de Física e Química do IES Sánchez Cantón.
Queremos facer patente o noso máis fondo penar e acompañar nestes momentos tristes aos seus tres fillos e familia, así como á comunidade educativa do noso instituto.
Malena, aló, onde esteas, que saibas que segues connosco, porque nunca se vai de todo quen deixa semente que, dalgún xeito, sempre medra.
Veñen á nosa mente os versos que Manuel María dedicou ao seu irmán:
... deixache o po destes
camiños
e o corazón prendido nas silveiras
escoando ledicias e orballos! ...
20 de out. de 2020
COVID-19: nivel 2 en toda Galicia
Sanidade establece hoxe
o nivel 2 de alerta ante a COVID-19 en toda Galicia e limita as reunións a un
máximo de 5 persoas.
16 de out. de 2020
Comunicado
Esta mañá, a Dirección do IES Sánchez Cantón comunicou oficialmente, a través do Espazo Abalar, o Telegram e a web do centro, a toda a súa comunidade educativa que se vai implantar a presencialidade completa para 1º e 2º de Bacharelato, ao ser dotado o centro do profesorado necesario para afrontar a devandita presencialidade.
Dende a ANPA agradecemos ás familias, alumnado, profesorado e persoal non docente do IES Sánchez Cantón o entusiasmo e a colaboración, mesmo, ás veces, os desacordos, para conseguir que saíse adiante esta proposta de presencialidade 100%, que avalaba toda a comunidade educativa, e que pon ao alumnado deste IES en igualdade de condicións educativas ca o alumnado doutros centros.
Agradecemos o interese e a participación do BNG, PSOE e PP nas mobilizacións das familias, e as xuntanzas con elas, así como as xestións levadas a cabo a nivel político.
Parabéns a toda a comunidade do IES Sánchez Cantón!
14 de out. de 2020
Semáforo do coronavirus
O SERGAS puxo en funcionamento unha páxina web onde pode
seguirse semanalmente a evolución dos datos do coronavirus en Galicia, a unha
distancia de 7 e 14 días.
Entre outros datos, ten uns mapas cos niveis de alerta por concello, para todos os concellos de Galicia, en cores verde, amarelo, laranxa e vermello.
Está en:
https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia
12 de out. de 2020
Xuntanza do venres 9-10-2020 pola tarde
O venres 9-10-2020, pola tarde, tivemos unha xuntanza con Rafa Domínguez, do PP.
Resumo dela:
“Asisten 2 representantes da ANPA e 3 do grupo de nais e pais.
Rafa transmitiulle directamente ao Conselleiro de Educación a problemática, o venres pasado. O Conselleiro dixo que en breve estará solucionado, segundo o que demandan os pais. Están traballando nunha solución pero non sabe cal é. Rafa apóianos ás familias e seguirá en contacto con nós.”
Xuntanza do xoves 8-10-2020 ás 20,15 horas no instituto
Estivemos presentes 3 persoas representantes da Xunta Directiva da ANPA, 3 do grupo de nais e pais, e 3 do Equipo Directivo do IES Sánchez Cantón. Durou dúas horas.
Levouse a cabo nunha aula, para que viramos como son as aulas e a estrutura que teñen, e que condiciona o que se pode facer nelas e como poden distribuírse.
A directora explicounos polo miúdo o desenvolvemento dos acontecementos dende o 31 de agosto ata o de agora. E ela e o xefe de estudos, comentáronnos as actuacións que levaron a cabo e o resultado destas.
A finais de agosto saíu a “ORDE do 28 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, e se dispón a publicación da Orde comunicada do ministro de Sanidade, do 27 de agosto de 2020, mediante a que se aproba a declaración de actuacións coordinadas en saúde pública fronte ao COVID-19 para centros educativos durante o curso 2020/21.”
Un cambio importante que fixo esta Orde, foi poñer a “distancia interpersoal de, polo menos, 1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo”, e nas aulas eses 1,5 m mídense “dende o centro das cadeiras”, entre unha cadeira e a contigua. Antes a distancia estaba nun metro, aínda que nas demais Comunidades Autónomas xa a tiñan en metro e medio.
Pero isto levou a que, a partir do 31 de agosto, houbese que remodelar a organización das aulas, que xa estaban organizadas, neste centro e nos demais.
A Dirección do centro valorou a situación en función do número de alumnado, profesorado, persoal de limpeza, aulas... E, tendo en conta as medidas fronte á COVID-19, solicitou 39 docentes (e persoal de limpeza), dado que había que desdobrar os grupos de alumnado, e non se podían instalar anteparos (a estrutura escalonada das aulas faino inviable, ademais de existir razóns de saúde nunhas aulas tan pequenas), e houbo que pasar as clases de Bacharelato ás tardes por falta de espazos. Ao mesmo tempo, buscou aulas noutros espazos e locais que puidesen servir de aulas, en organismos oficias distintos da Consellería de Educación (Deputación...).
A Consellería de Educación concedeu 23 docentes. Polo tanto, con 16 profesores/as menos, o IES non podía dar clases presenciais a todos os cursos, e a educación secundaria obrigatoria (ESO) non pode ser semipresencial porque é obrigatoria, así que a Dirección do centro acolleuse á ensinanza de semipresencialidade rotatoria en bacharelato, segundo a “ORDE do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia”. Isto foi aceptado pola Inspección Educativa.
Houbo xuntanzas das direccións dos institutos da cidade cos inspectores e inspector xefe. Xuntos e por separado. Cada centro coas súas circunstancias e problemas.
Estiveron no Sánchez Cantón o xefe territorial, a comisión de escolarización, o xefe de obras e a inspectora. E puideron comprobar alí mesmo os problemas que hai para a presencialidade total.
Este instituto ten moito alumnado e moito profesorado, e unha grande diversidade de materias optativas. Xestionar un centro grande é máis difícil ca xestionar un centro pequeno.
Foron descartados os centros educativos de Pontevedra para acollernos en quenda de tarde e con presencialidade completa. Resulta imposible cubrir a nosa demanda nin sequera con anteparos. Nós temos grupos de 31, 32, 33 e un grupo, mesmo, de 34. Só temos dous de 28 e un de 27. No IES Torrente Ballester, que era a nosa mellor opción, non cabemos, e o IES Valle Inclán ten aulas pequenas, e pola tarde está a Escola de Idiomas, e despois teñen Nocturno.
De base, aínda fan falta 16 docentes e 2 persoas de limpeza. Pero o coronavirus segue aí, e as demais enfermidades tamén, así que hai baixas que hai que cubrir no día a día.
Neste momento, o escenario posible pasa por:
* Incremento de profesorado. E, dependendo deste incremento, poderá atenderse á presencialidade. Se dan pouco, habería que priorizar ao alumnado que vai facer a ABAU (2º de bacharelato), e se dan máis, podería atenderse a presencialidade tamén para 1º de bacharelato.
* Duplicación dos fluxos de alumnado circulando polo centro; de 154 por quenda pasariamos a 308, e o seu correspondente profesorado. Aumento da carga viral.
* Reaxuste de todas as materias optativas. Podería darse semipresencialidade nas optativas e presencialidade 100% nas troncais. Por outra banda, se se ofertasen menos optativas, podería atenderse máis ás necesidades de profesorado e espazos, e tamén á de limpeza. Pero este reaxuste esixe a aceptación da Inspección Educativa.
Conseguindo os 39 docentes solicitados e reducindo as materias optativas, podería chegarse á presencialidade completa. Este cambio suporía un cambio na matrícula.
A Dirección do centro está a expensas do que decida a Consellería de Educación.
6 de out. de 2020
Accións levadas a cabo pola ANPA
Ante a situación
existente no curso actual 2020-2021 no noso instituto, de docencia
semipresencial en bacharelato, por mor da COVID-19, a Xunta Directiva da ANPA
levou a cabo as seguintes accións:
* Xuntarse urxentemente para chegar a acordos sobre as medidas a tomar.
* Apoiar as manifestacións das familias de bacharelato a favor da presencialidade 100%.
* Enviar un escrito ao Xefe Territorial da Consellería de Educación en Pontevedra, e solicitarlle unha xuntanza. Estamos agardando resposta.
* Enviar ás familias socias da ANPA con fillas e fillos en bacharelato unha enquisa, para poder tomar medidas en función das súas opinións.
* Xuntarse coa dirección do centro e os representantes do grupo de nais e pais para buscar solucións.
* Solicitar información ao Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela, e Epidemiólogo, D. Juan J. Gestal Otero, membro do Comité Educativo asesor da Xunta no eido docente ante a COVID-19, sobre cal é a mellor maneira (tendo en conta que hai varias) de levar adiante a educación 100% presencial e cos menores riscos posibles para a saúde.
* Asistir o venres 2 de outubro a dúas xuntanzas, con representantes da ANPA do IES Valle Inclán, e das nais e pais do grupos que están a mobilizar á opinión pública dos IES Sánchez Cantón e Valle Inclán:
1. Xuntanza pola mañá co BNG. Resumo dela:
“Asisten nais e pais afectados do Sánchez, do Valle Inclán, a representante da ANPA do Valle Inclán e o representante da ANPA do Sánchez Cantón. O BNG ve que se comete unha desigualdade e unha ilegalidade e por iso presenta unha pregunta para resposta oral no parlamento. Todos os presentes estamos de acordo en demandar as clases presenciais 100%. As do Valle Inclán comentan que a Dirección do centro comprometeuse a buscar solucións, entre elas o uso de anteparos. O BNG anímanos a falar con Alfonso Rueda e a seguir coas concentracións. Se hai repercusión mediática pódese levar ao Pleno do Parlamento. Pregúntanlle a Demetrio se hai algunha petición de espazos por parte das direccións dos IES e di que non, que non ve espazos do Concello que se poidan usar como aulas. Dentro dunha semana poden levalo ao Pleno do Concello (a presencialidade 100%) para visibilizar máis o conflito.”
2. Xuntanza pola tarde co PP. Resumo dela:
“Asisten Rafa Domínguez, Pepa Pardo, pais e nais dos dous institutos e representantes das dúas ANPA. Rafa trasladará hoxe ao Conselleiro de Educación o comentado na xuntanza: petición de 100% presencialidade. Informará ao grupo de nais e pais a semana vindeira da situación e non descarta organizar unha reunión dos presentes co Conselleiro. Parece que Inspección Educativa está buscando solucións, segundo comentan no grupo de pais e nais do Sánchez Cantón. Rematada a reunión, Moncho propón non parar a presión e facer outra concentración o mércores sobre as 20 h.”
4 de out. de 2020
Resposta do Epidemiólogo do Comité Educativo asesor no eido docente ante a COVID-19 á ANPA
A Xunta Directiva da ANPA O Verxel, do IES Sánchez
Cantón, púxose en contacto co Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde
Pública da Universidade de Santiago de Compostela, e Epidemiólogo, D. Juan J.
Gestal Otero, membro do Comité Educativo asesor da Xunta no eido docente ante a
COVID-19, para facerlle unhas preguntas, e este respondeu:
"Na COVID-19 ambas medidas: diminuír o número de alumnos por aula ou o uso de anteparos, son as medidas que se están empregando, e ambas teñen utilidade. Sempre deben acompañarse da ventilación. Decidirse por unha ou outra, dependerá das circunstancias de cada centro. Eu prefiro un menor número de alumnos. Ambas son válidas.
En canto a ventilación: a súa utilidade é para evitar a transmisión por aerosois. Estes prodúcense ao falar, tusir, esbirrar, pero tamén ao respirar. Eu son partidario de que a ventilación sexa continua, e estar todos abrigados."
Esta mesma opinión é a xeralizada n@s médic@s especialistas en Medicina Preventiva e Saúde Pública, e Epidemiólog@s.
1 de out. de 2020
Actuacións coordinadas para controlar as infeccións pola Covid-19
O Goberno e as CC AA
acordan actuacións coordinadas en saúde pública para controlar as infeccións pola
Covid-19:
https://www.mscbs.gob.es/gabinete/notasPrensa.do?id=5066
Información dos horarios do curso 2020-2021
Información dos horarios do curso
2020-2021:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/page/view.php?id=22899
Informacións do curso 2020-2021:
25 de set. de 2020
URXENTE: Automatrícula na Aula Virtual Moodle 2020-2021 do IES
O alumnado do IES Sánchez Cantón ten que
automatricularse na Aula Virtual do instituto para poder ter acceso a ela.
O prazo é de 15 días, contados dende hoxe, 25-9-2020, porque é o día da última presentación do curso 2020-2021 aos grupos de alumnado.
Polo tanto é urxente automatricularse e non deixalo “para mañá”.
Os enlaces do instituto para ler as indicacións para facelo, están en:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/page/view.php?id=49082&inpopup=1
22 de set. de 2020
Constitución do Comité Educativo asesor da Xunta no eido docente ante a COVID-19
O Comité Educativo
constitúese este luns, 21-9-2020, con 35 membros como máximo órgano asesor da
Xunta no eido docente ante a covid-19:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31961
21 de set. de 2020
Xuntanza urxente 20-9-2020
Acordos da xunta
directiva da ANPA O Verxel, na súa Xuntanza Extraordinaria urxente do día 20 de
setembro de 2020:
19 de set. de 2020
Problema coa aplicación Abalar móbil
Se non vos están a chegar os avisos que envían dende o
instituto polo Abalar, ou se tedes calquera outra incidencia ou problema coa
aplicación “Abalar móbil”, comunicádea a través da seguinte ligazón, que leva
ao formulario de incidencias no “espazoAbalar”:
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/atendemoloabalarmobil
18 de set. de 2020
Carta ás familias da Dirección do IES Sánchez Cantón
Carta ás familias, na que se informa da reorganización do centro para o curso 2020-2021, pola adaptación ao contexto COVID-19.
En:
Orde da Consellería de Educación coas instrucións sobre o comezo do curso académico 2020-2021
Orde do 16 de setembro de 2020, da Consellería de Educación, coas instrucións sobre o comezo do curso académico 2020-2021:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200917/AnuncioG0598-160920-0002_gl.html
16 de set. de 2020
FANPA - Clases extraescolares de inglés
14 de set. de 2020
Declaración de responsabilidade ante a pandemia de COVID-19
12 de set. de 2020
Inicio do curso nos centros de Secundaria os días 23, 24 e 25 de setembro de 2020
11 de set. de 2020
Volta segura ás aulas
8 de set. de 2020
Reparto de libros de 1º e 2º da ESO
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=15589&parent=54442
7 de set. de 2020
Comunicación da dirección do IES ás familias
3 de set. de 2020
Recollida e solicitude de libros setembro 2020
1 de set. de 2020
Calendario de matrícula en setembro
31 de ago. de 2020
Inicio do curso escolar 2020-2021
28 de ago. de 2020
Acordo do "Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud" para o curso 2020-2021
O documento de onte fala doutro do día 22-6-2020: Guía de “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a Covid-19 en el curso 2020-2021”:
https://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:7e90bfc0-502b-4f18-b206-f414ea3cdb5c/medidas-centros-educativos-curso-20-21.pdf
22 de ago. de 2020
Os equipos covid dos centros escolares recibirán formación específica sobre o coronavirus
16 de ago. de 2020
Bolsas, axudas e subvencións para estudar
12 de xul. de 2020
Recollida das orlas de 2º Bacharelato
6 de xul. de 2020
Aviso do Departamento de Orientación do IES para a ABAU
5 de xul. de 2020
Libros de texto para o curso 2020-2021
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual2/mod/page/view.php?id=13621
25 de xuño de 2020
Recollida de sobres para a matrícula no curso 2020-2021
19 de xuño de 2020
Revista CARTAFOL
Libros da Biblioteca do instituto
Recollida de libros fin de curso 2019-2020
Ficha para subscribirse á ANPA O Verxel
4 de xuño de 2020
Datas de matrícula no instituto para o curso 2020-2021
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual2/pluginfile.php/35616/mod_label/intro/Calendario%20de%20matrícula%20de%20xullo.pdf
26 de maio de 2020
Aclaración á recollida do material do alumnado do instituto
25 de maio de 2020
Recollida do material do alumnado do instituto que non ten actividade presencial
23 de maio de 2020
O luns 25 de maio de 2020 retómanse as clases presenciais no instituto de 2º de BACH e 2º de TSEASD
A asistencia a clase é voluntaria.
Recoméndase que o alumnado estea no instituto 10 minutos antes do comezo da súa primeira clase, co obxecto de facer unha entrada escalonada, conforme ás normas de seguridade sanitaria.
Lémbrase que será imprescindible, en todo momento, o cumprimento das normas de seguridade sanitaria, durante a presenza do alumnado e profesorado no centro: lavado ou desinfección frecuente das mans, mantemento da distancia de seguridade e uso das máscaras.
Máis información sobre as normativas e os horarios, aulas e subgrupos..., na web do instituto: