A actividade que tiñamos programada para a próxima semana de Escola de Pais queda anulada posto que non houbo suficiente demanda de participantes.
Agardamos poder organizala de novo cando así o demanden as familias.
Por se alguén está interesado na temática desta actividade, remitímosvos á web da FANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra) quen ten organizadas unhas charlas formativas para pais e nais. Son gratuítas e non é necesario inscribirse. As charlas impártense o último venres de cada mes ata o vindeiro xuño.
Ligazón a Escola de Pais da FANPA
Ligazón a outras actividades da FANPA