23 de feb. de 2013

O SÁNCHEZ CANTÓN GAÑADOR DO IV CLUB DE DEBATE DE PONTEVEDRA

O equipo do instituto resultou vencedor no IV Club de Debate de Pontevedra que se celebrou este sábado no Café Moderno, e pasa á final galega que será o 4 de maio en Santiago de Compostela.

A nosa noraboa aos alumnos e alumnas do equipo:

CARLOS PÉREZ MÍGUEZ
ÁLVARO MONTES CAMPOS
CLAUDIA GÓMEZ LÓPEZ
XOÁN GONZÁLEZ RAZQUIN
ANDRÉS CANDELÓN MOLINA
RUBÉN COVELO BUGALLO
DIEGO BARÁ LOURO
MARÍA BARÁ LOURO
ALBA VIDAL PAZOS
HELENA EGEA PIÑEIRO
ANTÓN POMBO GÓMEZ

e aos seus preparadores, os profesores Xosé Manuel Calvo e Xosé Luís Janeiro.

Podedes ver o vídeo da final do debate en http://www.ponte.tv/2013/02/final-club-de-debate/

Tendes máis información nestas ligazóns:
http://pontevedraviva.com/xeral/3131/ies-sanchez-canton-vence-iv-club-debate-representara-pontevedra-fase-galega/

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/02/24/mejores-polemistas/763277.html

http://www.facebook.com/pages/Club-de-debate/340173912683525?group_id=0

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/233104-instituto-sanchez-canton-clasificado-fase-final-club-debate

http://www.pontevedra.eu/actualizate/ies-sanchez-canton-ganador-do-club-de-debate

20 de feb. de 2013

6 de feb. de 2013

Máis información da 2ª edición da ESCOLA DE PAIS

Podedes ver máis información da programación da Escola de Pais que estamos organizando nas seguintes ligazóns:

Folleto informativo

Folleto informativo 2

Ampliamos o prazo de inscrición do 6 ao 14 de febreiro

LEMBRADE QUE A INSCRICIÓN É GRATUÍTA PARA OS/AS SOCIOS/AS DA ANPA

ANULADA A SEMANA BRANCA 1º ESO

Desde a Vicedirección do instituto informan que foi anulada a actividade da Semana Branca de 1º da ESO por problemas organizativos. Reintegrarán ás familias os importes xa aboados.

Máis información nesta ligazón: ver aquí

5 de feb. de 2013

4 de feb. de 2013

2ª edición da Escola de Pais


Despois da boa acollida do curso pasado organizamos a segunda edición da actividade “ESCOLA DE PAIS”, impartida por Dona Sandra Otero Agazzi (Psicóloga Escolar), tratando os seguintes temas: 

1.- As auténticas necesidades dos fillos. 
2.- O desenvolvemento da seguridade emocional. 
3.- O adolescente e o seu mundo. 
4.- Xogando ao seguro e buscando solucións. 
5.- Situacións cotiás de conflito. 

Dita actividade consta de 5 sesións (1 por semana) a impartir os xoves en horario de 20.00 a 22.00 horas, na aula 18 do IES Sánchez Cantón (1º andar), do 21 de febreiro ao 21 de marzo de 2013. En función do número de participantes habilitaríanse outros grupos (en principio está previsto o martes se o grupo supera o número de 12 persoas). 

A actividade é gratuíta para os asociados da ANPA O Verxel e para os non asociados ten un custo de 7 euros.

O prazo para facer a inscrición é do 4 ao 14 de febreiro. O alumno entregará a solicitude ao delegado do seu curso para que este as entregue na Conserxería.


DESCARGA AQUÍ O FORMULARIO

2 de feb. de 2013

O equipo do Sánchez Cantón pasa á final local do IV Club de Debate

Os alumnos e alumnas do noso Centro que participaron hoxe na fase preliminar local do IV Club de Debate do Concello de Pontevedra


conseguiron pasar á final local que se celebrará o vindeiro sábado 23 de febreiro no Café Moderno, na que se enfrontarán ao outro equipo finalista do IES de Ponte Caldelas.


Foi unha intensa xornada na que debateron a favor e en contra do tema "O Estado ten que garantirlle o acceso ao traballo á mocidade".






A nosa noraboa ao equipo participante e aos seus preparadores, os profesores Xosé Luís Janeiro e Xosé Manuel Calvo!!


1 de feb. de 2013