25 de xuño de 2020

19 de xuño de 2020

Revista CARTAFOL


Saíu xa a revista do instituto: CARTAFOL, que este curso académico fai o seu número 25.

E sae cunha diferenza cos cursos anteriores: que nos pasados houbo publicación en papel e publicación dixital na web do instituto, pero este curso sae só en dixital.

A pandemia provocada pola COVID-19 fai que teñamos que ter tino con certas cousas..., como é o caso de que non é bo andarse con papeis que pasan de mans en mans..., que hai que deixar en corentena os libros...
Por outra banda, non hai alumnado no centro e faise complicado repartir as revistas...

Así que lle damos a benvida á revista, coma todos os anos, e animámosvos a lela en pdf, a baixala, a distribuíla, a facer propaganda da nosa revista..., non porque sexa a mellor do mundo, senón porque é a nosa!




Libros da Biblioteca do instituto


Devolución de libros da Biblioteca do instituto.

As rapazas e rapaces que pediron libros da Biblioteca do instituto, ou que os teñen porque son dalgún dos Clubs de Lectura do IES, e que aínda non os devolveron, deben deixalos na conserxería do instituto.



Recollida de libros fin de curso 2019-2020


Recollida dos libros de texto:

3º e 4º da ESO:

Lugar: Sala de titorías

Día e horario:
3º ESO: 26 xuño de 10,30 a 11,30 h
4º ESO: 26 xuño de 12,00 a 13,00 h


1º e 2º da ESO:

Lugar: Sala de titorías

Día e horario:
1º ESO: 29 xuño de 10,30 a 11,30 h
2º ESO: 29 xuño de 12,00 a 13,00 h


Só os libros das materias que aproben en xuño. Quen suspenda, pode quedar cos libros ata setembro.



Ficha para subscribirse á ANPA O Verxel

Por favor, escribide con LETRA CLARA, sobre todo o voso enderezo de correo electrónico, porque se despois queremos enviar algún aviso e non se entende a letra, non podemos envialo.







4 de xuño de 2020

Datas de matrícula no instituto para o curso 2020-2021


As datas para matricular ao alumnado do IES Sánchez Cantón para o vindeiro curso académico 2020-2021 serán entre o día 1 e o día 10 de xullo, para BACH e ESO.

O enlace ao calendario concreto, e á documentación que hai que aportar, que hai na web do instituto, está en:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual2/pluginfile.php/35616/mod_label/intro/Calendario%20de%20matrícula%20de%20xullo.pdf