O departamento de Relixión do noso instituto está a organizar saídas co alumnado a
Santiago de Compostela para visitar a Catedral.
A ANPA colabora con estas actividades.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/271
O departamento de Relixión do noso instituto está a organizar saídas co alumnado a
Santiago de Compostela para visitar a Catedral.
A ANPA colabora con estas actividades.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/271
O departamento de Francés do noso instituto organizou unha saída a Vigo para
asistir a unha representación teatral en francés.
A ANPA colaborou con esta actividade.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/162
Esta semana, o martes 22, o Club Contra o Cambio Climático do noso
instituto, pertencente ao Club de Ciencia do instituto, limpou o río Gafos,
xunto con outros institutos.
O 22 de marzo é o Día Mundial da Auga.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/274
Hoxe empeza o período de
inscrición na FANPA para as “Actividades en familia”.
Datas de inscrición: Do 25 de marzo ás 9,00 h, ata o 15 de abril ás 14,00 h (non se admitirán inscricións fora deste tramo de días e horas).
Máis información en:
https://www.nontedurmas.org/actividades/aventuras-en-familia-2022/
Dende o Concello de Pontevedra ofertan Obradoiros Familiares, en
colaboración coa Consellería de Sanidade, que están pensados como un espazo
puntual de xuntanza para familias, no que se aborda un tema de interese de maneira
monográfica e intensiva (cada temática trátase nun obradoiro de hora e media de
duración), impartidos por persoas profesionais expertas en educación e
prevención.
As temáticas son as seguintes:
Obradoiro 1.- Familias dixitais I. Aprendendo conceptos.
Obradoiro 2.- Familias dixitais II. O novo mundo virtual.
Obradoiro 3.- Fortalecendo familias: Prevención do consumo de drogas.
Obradoiro 4.- Falando de sexualidade en familia.
Obradoiro 5.- O papel da familia nos hábitos de estudo.
Na seguinte ligazón hai información do concello:
Para alumnado de 10 a 16 anos.
Máis información en:
https://www.nontedurmas.org/anpas/formacion/obradoiros-de-tecnicas-de-estudo-na-fanpa/
A ANPA colaborou, coma
todos os anos, co Festival de Entroido, deste curso académico:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/227
A ANPA colaborou, coma
todos os anos, co Festival de Nadal, ou Festival “Tu cara me suena”, deste curso
académico:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/113
O proceso de admisión é do 1 ao 21 de marzo para rapaces e rapazas de fóra
do noso instituto, que queren acceder ao Sánchez Cantón por primeira vez, no
vindeiro curso.
Non o ten que facer quen xa é alumno e alumna do noso instituto, nin o alumnado de 6º de educación primaria dos colexios adscritos ao IES Sánchez Cantón (Campolongo e Froebel).
Para o alumnado do noso instituto haberá unha prematrícula en maio, para coñecer cales son as materias máis demandadas para o próximo curso, e a partir do 27 de xuño (data aproximada) será a matrícula oficial (obrigatoria para todo o alumnado, o actual e o novo).
A explicación de como hai que facer a solicitude de admisión no instituto para o próximo curso, está xa na web do instituto, en:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/226