24 de nov. de 2011

CONCENTRACIÓN DÍA 26/11/2011

Estimadas familias,

A educación pública é de todos/as e para todos/as, e é a única que pode garantir a igualdade de oportunidades das nosas fillas e fillos na sociedade.

A FANPA e máis as ANPA acordamos facer o día 26 de novembro ás 13.30 h na praza da Peregrina unha concentración apoiando o ensino público en contra dos recortes actuais. A concentración durará aproximadamente 30 minutos, e rematará coa lectura do manifesto envíado aos medios de comunicación.

É importante a presenza de todas as familias. Sen dúbida a unión fai a forza. Non todos os colexios presentan os mesmos problemas pero en xeral hai motivos máis que suficientes para ver que o ensino público tal e como viña sendo sufriu unha merma. Non podemos quedar de brazos cruzados. Adiantémonos para evitar novos recortes.

Invitade á vosa familia a participar coas ANPA nesta primeira concentración xeral de pais e nais. Todos somos responsables do que acontece ou pode acontecer. A educación dos nosos fillos e fillas é responsabilidade dos pais/nais, non só dos mestres/as. Nós defendemos unha educación en valores, integradora, onde todos e todas temos os mesmos dereitos sen ter en conta a clase social, nin os recursos.

TODOS XUNTOS POR UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA IGUALITARIA E DE CALIDADE!!!

Grazas pola vosa colaboración, os nosos fillos e fillas serán os beneficiarios/as.

ANPA O Verxel do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

Nota: Lembrade de levar en folios slogans á concentración, por exemplo:

-          Educación = investimento = non recortes

-          Gústame a miña escola, non a cambies

-          Preciso axuda, quero o PROA

-          Todos somos escola

-          Educación pública de calidade

Ningún comentario:

Publicar un comentario