Convidámosvos a participar o vindeiro 2 de maio, ás 20.00 horas, nunha interesante charla ofrecida polo responsable do Equipo de investigación Tecnolóxica da Garda Civil, D. José E. Torres Meira, no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
Explicaranse
aos pais e nais que asistan ao acto o funcionamento e as características
de sistemas que van desde a telefonía móbil, as redes sociais
como Facebook, Tuenti.... así como a
mensaxería instantánea ou o chat, as redes P2P ou o Wifi Chat.
Ademais de informar sobre como funcionan e os atractivos e vantaxes que estes sistemas presentan para os mozos e mozas incidirase de xeito especial nos riscos que pode presentar un uso indebido delas, ben de forma consciente ou por descoñecemento dos problemas que poden conlevar. Así, abordaranse aspectos como o acoso (grooming e cyberbullying) ou as URL's perniciosas. Trala explicación, os asistentes poderán facer todas as preguntas que consideren oportunas.

O obxectivo desta actividade é garantir que mozos e mozas poidan gozar das novas tecnoloxías e das grandes posibilidades que estas ofrecen tanto no eido educativo como lúdico e social sen correr riscos, de xeito seguro e poñendo os medios precisos para garantir a seguridade, privacidade e a intimidade dos usuarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario