O equipo do Sánchez Cantón quedou de terceiro clasificado na final galega do Club de Debate que se celebrou o pasado sábado 4 de maio no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Os gañadores foron os equipos do CPI dos Dices de Rois e do IES Saturnino Montojo de Ferrol.
O tema de debate foi O galego é unha oportunidade, e o equipo do Instituto debateu con gran convicción, tanto a favor como en contra, ante rivais moi fortes. Detrás había moitas horas de preparación e traballo en común.
|
O alcalde de Santiago e outras autoridades |
|
|
|
Algúns momentos do debate da mañá fronte ao equipo de Ferrol en imaxes:
|
Debatendo en contra |
|
Helena Egea argumenta fronte o equipo de Ferrol |
|
Sen nervios |
|
María Bará na súa exposición |
|
|
|
O apoio audiovisual |
|
Camaradería cos contrincantes |
No debate da tarde fronte ao equipo de Ourense tocoulles debatir a favor:
|
Carlos Pérez defendendo a postura a favor |
|
O xurado |
Ao final da xornada o xurado proclamou gañadores en pe de igualdade aos equipos de Rois e Ferrol
Foi tal o bo ambiente entre os participantes e as relacións que xurdiron entre eles que, para sorpresa de todos, decidiron compartir o premio da viaxe cultural e serán os tres primeiros clasificados os que realizarán a excursión de fin de semana a Taramundi a finais do mes de xuño.
Parabéns ao alumnado participante e aos seus preparadores polo esforzo realizado e os resultados acadados!!
Podedes ver todas as imaxes da xornada na
páxina do Facebook do Club de Debate
Máis información no
xornal dixital PontevedraViva
Ningún comentario:
Publicar un comentario