O vindeiro xoves 23 de maio, ás 20:00 h., no Paraninfo do IES Sánchez Cantón, vaise impartir unha interesante charla dirixida especialmente a pais/nais e alumnos/as de 4º da ESO. A charla será impartida por Ricardo Corderí e Conchi Hermida da Sección de Información, Orientación e Promoción do Estudante da Universidade de Vigo (SIOPE) acerca tanto da Universidade e os seus servizos coma do acceso á mesma.
Estamos
a traballar nunha charla sobre a problemática das drogas na
adolescencia.
A
información sobre estas charlas e outras novas que
consideramos de interese podedes seguila neste blog, ou recibíndoa no voso correo mediante a subscrición ao blog que atoparedes no menú lateral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario