As solicitudes de axudas
poden presentarse presencialmente no Concello ou a través da súa sede
electrónica.
Só pode presentarse unha
solicitude por unidade de convivencia, aínda que esta pode incluír varias fillas
ou fillos.
Terán prioridade nas
concesións as familias con menor renda e maior puntuación nas circunstancias
que recolle a convocatoria.
Poden aportarse certificados
de ingresos de pensións, desemprego, Risga ou circunstancia similar, así como
certificados de discapacidade ou dependencia, documentación relativa a
violencia de xénero, sentencia de divorcio na que conste a custodia da
descencendencia, resolución xudicial sobre acollemento ou tutela ou
acreditación de monoparentalidade expedida pola Xunta de Galicia.
Documentación básica que
será necesario achegar para presentar as solicitudes: DNI da persoa
solicitante, libro de familia, declaración da Renda de 2019 dos membros da
unidade familiar e certificado de matriculación no centro educativo no curso
2020-2021.
Os equipos informáticos
obxecto de subvención (ordenadores portátiles ou de sobremesa) serán os
adquiridos entre o 14 de marzo de 2020 e o 31 de decembro deste ano. As
familias beneficiarias poderán cobrar por adiantado unha vez que a axuda estea
concedida, precisando xustificar a compra coa factura do ordenador ou
xustificante de pago antes do 31 de marzo de 2022 (e debendo devolver o importe
en caso de non facelo).