Lembrade que o noso centro participa en Bioescolas, unha actividade de reciclaxe de aceite de cociña usado.
Para recoller este residuo contamos cun colector exclusivo para este uso que está situado á dereita na entrada principal ao Instituto
O aceite depositado debe estar dentro dunha botella de plástico (só se permite este material) e do tamaño que se considere.
Por cada contedor cheo a empresa responsable (Arioil) ingresará na conta da ANPA 15 €.
Con esta actividade continuamos co compromiso do noso centro coa reciclaxe e o medioambiente.
Animamos a todas as familias a traer o voso aceite usado ao cole.
Mil grazas pola vosa colaboración!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario