23 de out. de 2020

Pasamento de Malena

Hoxe, 22-10-2020, morreu Mª Elena Centeno Pardilla, Malena, profesora de Física e Química do IES Sánchez Cantón.

Queremos facer patente o noso máis fondo penar e acompañar nestes momentos tristes aos seus tres fillos e familia, así como á comunidade educativa do noso instituto.

Malena, aló, onde esteas, que saibas que segues connosco, porque nunca se vai de todo quen deixa semente que, dalgún xeito, sempre medra.

Veñen á nosa mente os versos que Manuel María dedicou ao seu irmán:

... deixache o po destes camiños
e o corazón prendido nas silveiras
escoando ledicias e orballos! ...




3 comentarios:

  1. Grazas o ANPA O Verxel polas sentidas e fermosas palabras de recoñecemento a nosa compañeira Malela.

    ResponderEliminar
  2. Unha aperta á súa familia, equipo docente e alumnado. No IES Johan Carballeira de Bueu non nos esquecemos dela.

    ResponderEliminar

  3. Que a terra che sexa leve Malena. Unha aperta á súa familia, profesorado e alumnado. Loli Vilar IES Johan Carballeira

    ResponderEliminar