Obradoiro de realización de moldes de silicona
para figuras de resina
Destinatarios:
Pais e nais do alumnado do IES Sánchez Cantón, con preferencia: familias do alumnado que imparte o obradoiro e familias socias da ANPA.
Días:
Martes 26 de febreiro de 17,00 a 18,30 h e xoves 28 de febreiro de 18,15 a 18,45 h.
Coordina:
Pablo Alonso de Vega, profesor de Historia do IES Sánchez Cantón
Imparte:
Alumnado de 1º bacharelato
Descrición:
Oito alumnos e alumnas explicarán, en dúas tardes, como realizar unha reprodución en resina dunha figura, axudados e coordinados polo profesor. Durante este curso alumnos e alumnas de 1º de bacharelato recibiron a formación e van a impartir o obradoiro aos membros da comunidade educativa (outro alumnado, profesorado e nais e pais).
Metodoloxía:
As persoas participantes formarán parellas para realizar o encofrado do molde de silicona e, finalmente, a colada de resina dunha figura.
Prazas:
16 prazas para nais e pais, por orde de inscrición, e tendo en conta a preferencia: seren familias do alumnado que imparte o obradoiro e familias socias da ANPA.
Inscrición:
No correo electrónico da ANPA: anpaoverxel@gmail.com, enviando nome e apelidos, e poñendo no Asunto: Curso de molde de resina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario