25 de maio de 2017

ÚLTIMAS INSTRUCCIONS E HORARIOS DA GRADUACIÓN

Ultimas instruccións e horarios graduacion 
Mércores, 24 de Maio do 2017, 20:23

Mañán pola mañán levaremos as cousas para Afundación sobre as 12 h. Precisamos 4 - 6 alumnos que nos axuden a levalas. Non é para facer ensaios. Os ensaios son pola tarde. Recordamos que tivemos un ensaio hoxe mércores de 11.30 - 12.30 h. no auditorio para ver os movementos e organización. Calquer duda a través dos delegados e do grupo de organización. Para rematar recordamos horarios de mañan xoves 25: 17.30 h. ensaios cantantes, probas de son, iluminación e audiovisuais, 18.30 h. delegados, presentadores acto, presentadores discursos, atención ao alumnado dudas, cuestións movementos escenario, 19 h. hora tope acceso alumnado 2º bach e últimas probas. 19.20 h. chegada coro e ensaio xeral. 19.30 h. hora recomendada acceso profesorado porta escenario filas 1-3 (fondo parte esquereda). 19.30 h. comeza acceso familias entrada dereita subida escaleiras. Os delegados e subdelegados colaborarán na ubicacion do público e control de acceso. Reservar espazo ao profesorado que se anotou no listado nas filas 1 - 3 , pero as 20 h. comeza o acto e repartir os ocos libres para as familias. A distribución de entradas é xestionada 100% polos delegados. Nota: levaremos orlas do ano pasado para o alumnado que o precise, os titores convén que aclaren cos delegados (pode ser mañan) quen non virá ao acto para saltar o seu nome na chamada para a recollida das orlas. Levamos copia dos listados para o acto. Os teredes a vosa disposición Graciñas pola colaboración de todos. Moi importante. Non deixar ocos na ocupación do aforo.

Ligazón borrador guión acto: https://docs.google.com/document/d/17fUTJs3qwpXynb_SIfoSsnIFj4GRgA73HlEjBFGb7OU/edit?usp=sharing A VICEDIRECCIÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario