A todos os sectores da comunidade educativa
( pais/nais/responsables, alumnado, persoal de admón. e servizos e profesorado):
Infórmase do inicio do procedemento que se aplicará para a renovación de membros do Consello Escolar, conforme á Resolución de 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro), da Dirección Xeral, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
O vindeiro venres, 28 de outubro ás 11.30 horas terá lugar no Paraninfo o sorteo público da Xunta Electoral, que estará a cargo da organización e supervisión do procedemento da citada elección.
Pontevedra, 18 de outubro de 2016
A Dirección
CALENDARIO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016
3/11/16 Acta constitución xunta electoral
Presentación candidaturas Consello Escolar ata o día 11/11/16 as 14h. na secretaría
Recórdase a todos os sectores implicados no proceso de eleccións de representantes para o Consello Escolar 16/17, que conforme ao calendario aprobado pola xunta electoral, o vindeiro venres día 11 de novembro as 14.00 h. remata o prazo para presentar candidaturas para a elección de representantes dos distintos colectivos no Consello Escolar. Os impresos recóllense e entréganse na secretaría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario