24 de out. de 2016

COMUNICADO DA FANPA Pontevedra: Notas sobre o dereito á folga dos menores


Prezados membros das Xuntas Directivas.

Ante a aparición de notas de advertencia" nalgún centro sobre as "responsabilidades" das nais e pais na xornada de protesta pola implantación da LOMCE, temos que precisar algúns detalles

- Chamámoslle folga porque se trata de utilizar a inasistencia dos alumnos como expresión, como signo de protesta ante a imposición das reválidas como aspecto concreto respecto da protestada LOMCE. Os alumnos non fan folga porque ese é un dereito "laboral". Os profesores que a apoian, si.

- As nais e pais, en exercicio dos nosos dereitos cívicos e como tutores de menores temos dereito en calquera caso a tomar esta acción, naturalmente baixo a nosa responsabilidade. É un dereito democrático, positivo e pon en valor precisamente a responsabilidade e preocupación dos pais.

- O dereito dos nosos fillos a manifestar a protesta por este medio está recollido xa na LOE do ano 1985 da seguinte maneira:

Artigo 8
...los centros educativos establecerán, al elaborar sus normas de organización y funcionamiento, las condiciones en las que sus alumnos pueden ejercer este derecho. En los términos que establezcan las Administraciones educativas, las decisiones colectivas que adopten los alumnos, a partir del tercer curso de la educación secundaria
obligatoria, con respecto a la asistencia a clase no tendrán la consideración de faltas de conducta ni serán objeto de sanción, cuando éstas hayan sido resultado del ejercicio del derecho de reunión y sean comunicadas previamente a la dirección del centro.

- Este dereito foi ratificado e ampliado, no sentido de que para os maiores de 14 anos non se necesita consentemento paterno,  pola sentenza do Tribunal Supremo que recoñece "NO CABE SOMETER A AUTORIZACIÓN PREVIA DE LOS PADRES EL DERECHO DE LOS ALUMNOS A PARTIR DE 3º DE LA ESO DE DECIDIR COLECTIVAMENTE LA INASISTENCIA A CLASE."

- Este dereito á inasistencia está en Galicia desenvolvido polo Decreto 8/2015 referido á Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar:

Artículo 18. Normas de organización y funcionamiento 3. Establecerán los procedimientos de comunicación a las familias de las faltas de asistencia del alumnado a las clases y las correspondientes autorizaciones o justificaciones para los casos de ausencia cuando estos o estas sean menores de edad no emancipados/as.

En resumo,

- Os maiores de 14 anos, a partir de 3º de ESO teñen dereito a decidir por si mesmos e de maneira colectiva non asistir como medio de protesta (lembramos a convocatoria do Sindicato de Estudantes). Aínda así, é conveniente xustificar a súa ausencia.
- No resto dos casos, os menores poden non asistir, a criterio das nais e pais
- Recoméndase remitir unha comunicación individual de cada un dos nosos fillos na que os pais xustifican a súa inasistencia, conforme os modelos elaborados para que aínda que o centro queira facer constar a falta de asistencia, non poidan ser obxecto de sancións, xa que estaría xustificada.
- Recoméndase que as propias ANPA remitan unha comunicación ao Centro no sentido de solicitar que non se realicen "avances" nin exames de materia ese día, en respecto ao dereito de participación nesta convocatoria.
- Non é en absoluto necesario que o centro nos "lembre" que somos responsables dos nosos fillos e que o centro non se responsabiliza das súa participación en concentracións ou manifestacións fóra do centro
escolar.

Engadimos de novo, enlace, a os modelos de documentos propostos.


FANPA


P.D
Lembramos que o Congreso acaba de rexeitar o veto do Goberno e que
seguirá tramitando a suspensión da LOMCE

Ningún comentario:

Publicar un comentario