Dende a FANPA PONTEVEDRA, envianos:
Actividades do programa VIVENCIAS EN FAMILIA, que consiste en actividades a desenvolver en fin de semana coa finalidade de pasar tempo de lecer en familia.
Os lugares a visitar nesta ocasión son:
- Os Ancares
- Pallozas de Arenteiro (O Carballiño)
- Museos da Coruña
- Camping no Grove
- Zoolóxico de Marcelle
VIVENCIAS EN FAMILIA:
DATA LÍMITE DE INCRICIÓN 15 DE FEBREIRO
Sábado 20 ás 11:00 h chegada e acomodo no albergue Ancares (Cervantes). Transporte particular.
Visita ao conxunto etnográfico de Piornedo, sendeirismo pola zona, xogos cooperativos, actividades complementarias e tempo libre para gozar da neve.
Domingo 21 ás 18:00 horas retorno a Pontevedra.
O almorzo e a cea están incluídos no prezo. O xantar será a cargo dos participantes.
Prezo por persoa: 18 euros socios de ANPA federada en FANPA / 35 euros non socios
Sábado 5 saída ás 9:00 horas do Pazo da Cultura de Pontevedra en autobús.
Visita á Casa das Ciencias con sesión de planetario, e visita á sala de exposicións. Visita ao Domus. Visita ao Aquarium.
Regreso ás 19:30 horas
O xantar será a cargo dos participantes. Hai unha zona para xantar con máquinas de bebidas e bocadillos.
Prezo por persoa: 10 euros socios de ANPA federada en FANPA / 20 euros non socios
Sábado 14 saída ás 9:00 horas do Pazo da Cultura de Pontevedra en autobús.
Percorrido guiado polas instalación do complexo.
Regreso ás 18:30 horas.
O xantar será a cargo dos participantes. O complexo conta cun restaurante.
Prezo por persoa: 10 euros socios de ANPA federada en FANPA / 20 euros non socios
O sábado 28 ás 10 h encontro no cámping e acomodo nas pallozas. Transporte particular.
Xogos cooperativos e de presentación, ruta de sendeirismo: visita ao complexo etnográfico e ruta arredor do Río Arenteiro, antiga fábrica de papel, balneario, etc. Obradoiro de achegamento á astronomía. Observación astronómica. Visita á piscifactoría do Carballiño. Obradoiro de pegadas, rastros e sinais.
Domingo 29 ás 21 horas retorno a Pontevedra.
O almorzo, xantar e cea será a cargo dos participantes. Poden cociñar nas súas pallozas (levar os alimentos da casa) ou acudir ó restaurante do camping.
Prezo por persoa: 10 euros socios de ANPA federada en FANPA / 30 euros non socios
Sábado 4 chegada ó camping ás 11:00 horas. Transporte particular.
⦁ Actividades acuáticas, actividade de rastrexo, actividade: Que apostamos?, ruta Pedras Negras
O xantar e a cea do sábado e o almorzo do domingo están incluídos no prezo. As persoas que queden a comer o domingo pagarían 7 euros a maiores no mesmo día e incluiría a merenda para levar.
Prezo por persoa en tenda de campaña (a levará cada familia): 19 euros socios de ANPA federada en FANPA / 30 euros non socios
Prezo por persoa en bungalow: 27 euros socios de ANPA federada en FANPA / 35 euros non socios
Inscricións mediante correo electrónico a actividades@nontedurmas.org, indicando a vivencia na que se inscribe, nome e apelidos dos participantes, idades e copia do certificado ser socio de ANPA federada. Ingreso no número de conta ES5720805403403040102986
Ningún comentario:
Publicar un comentario