29 de set. de 2013

BENVIDOS/AS AO CURSO 2013-2014

Comezamos un novo curso e dende a Directiva da ANPA queremos darvos a benvida a este noso e voso blog. Nada nos gustaría máis que vos involucrásedes neste proxecto para entre todas e todos mellorar o ámbito educativo dos nosos fillos, en colaboración co Centro. Nos vindeiros días faremos a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria onde renderemos as contas do curso pasado e presentaremos os novos proxectos para este curso.

Desde o Centro achégannos unha iniciativa da Cruz Vermella de Pontevedra para intentar paliar no posible as dificultades que están a padecer moitas familias neste inicio de curso. Este é o texto do comunicado:

Estimado sr/sra:

Ante a actual situación de crise en España, Cruz Vermella puxo en marcha unha estratexia para paliar as súas consecuencias nas familias, especialmente na infancia e persoas maiores. Esta estratexia contempla accións que van desde o reparto de alimentos, productos de hixiene e material escolar ... ata outras encamiñadas a mellorar a empregabilidade e evitar a exclusión social.

Neste sentido desde Cruz Vermella pretendemos ofrecer o noso apoio a tódalas nenas e nenos que teñan dificultades para adquirir o material escolar ou inclusive os libros de texto, polo que pregamos que se detectades esa necesidade nalgún dos vosos alumnos/as do centro educativo, contacten con Cruz Vermella, neste mesmo correo ou nos teléfonos que indicamos, e vos explicaremos como proceder.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e confiamos en que a través do traballo responsable de todos e todas poidamos mitigar as situacións de vulnerabilidade social que viven moitas destas familias.

Un saúdo,

Teresa Álvarez Quicler
Presidenta Provincial
Cruz Roja Española. Pontevedra
Tlf: 986 852115

Podedes ampliar información nesta ligazón de prensa

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario