26 de out. de 2020

Adiamento da Asemblea Xeral da ANPA O Verxel

Ante a situación derivada da crise sanitaria, xerada pola pandemia da COVID-19, agardabamos unha mellora para poder convocar a Asemblea Xeral.

Pero a situación empeorou, e as autoridades sanitarias ditaron a Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Así mesmo, o Consello de Ministros, na súa sesión extraordinaria do día 25 de outubro de 2020, aprobou, a través dun Real Decreto, a declaración do estado de alarma inicial de 15 días, extensible a 6 meses, para responder ante a situación de especial risco causada pola COVID-19.

Do mesmo xeito, seguindo as normativas das autoridades da Comunidade Autónoma de Galicia e das estatais, adiamos a celebración da Asemblea Xeral da ANPA, que viña tendo lugar, en cursos pasados, a principios do curso académico.

Pontevedra, 26 de outubro de 2020

A Xunta Directiva da ANPA O Verxel do IES Sánchez Cantón



25 de out. de 2020

Enquisa da ANPA

Resultados da enquisa feita ás familias de Bacharelato, socias da ANPA, sobre a docencia, a principios do curso 2020-2021.













23 de out. de 2020

Pasamento de Malena

Hoxe, 22-10-2020, morreu Mª Elena Centeno Pardilla, Malena, profesora de Física e Química do IES Sánchez Cantón.

Queremos facer patente o noso máis fondo penar e acompañar nestes momentos tristes aos seus tres fillos e familia, así como á comunidade educativa do noso instituto.

Malena, aló, onde esteas, que saibas que segues connosco, porque nunca se vai de todo quen deixa semente que, dalgún xeito, sempre medra.

Veñen á nosa mente os versos que Manuel María dedicou ao seu irmán:

... deixache o po destes camiños
e o corazón prendido nas silveiras
escoando ledicias e orballos! ...




16 de out. de 2020

Comunicado

Esta mañá, a Dirección do IES Sánchez Cantón comunicou oficialmente, a través do Espazo Abalar, o Telegram e a web do centro, a toda a súa comunidade educativa que se vai implantar a presencialidade completa para 1º e 2º de Bacharelato, ao ser dotado o centro do profesorado necesario para afrontar a devandita presencialidade.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=15591&parent=55139


Dende a ANPA agradecemos ás familias, alumnado, profesorado e persoal non docente do IES Sánchez Cantón o entusiasmo e a colaboración, mesmo, ás veces, os desacordos, para conseguir que saíse adiante esta proposta de presencialidade 100%, que avalaba toda a comunidade educativa, e que pon ao alumnado deste IES en igualdade de condicións educativas ca o alumnado doutros centros.

Agradecemos o interese e a participación do BNG, PSOE e PP nas mobilizacións das familias, e as xuntanzas con elas, así como as xestións levadas a cabo a nivel político.

Parabéns a toda a comunidade do IES Sánchez Cantón!



Nos medios de comunicación

A ANPA nos medios de comunicación:

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/claustro-ies-valle-inclan-estalla-educacion-falta-medios-personal/202010061255271106787.html


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2020/10/10/span-langglreducir-oferta-optativas-bacharelato-e-unha-posible-solucionspan/0003_202010P10C2991.htm



14 de out. de 2020

Semáforo do coronavirus

O SERGAS puxo en funcionamento unha páxina web onde pode seguirse semanalmente a evolución dos datos do coronavirus en Galicia, a unha distancia de 7 e 14 días.

Entre outros datos, ten uns mapas cos niveis de alerta por concello, para todos os concellos de Galicia, en cores verde, amarelo, laranxa e vermello.

Está en:

https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia