24 de xuño de 2014

BANCO DE LIBROS DE TEXTO




O Concello de Pontevedra pon en marcha a 3ª Edición do Banco de Libros de Texto.
Poden participar todas as familias con fillos e fillas desde 3º de ESO ata 2º de Bacharelato.
Os libros poden entregarse tanto no Instituto como na Casa Azul.
Podedes descargar a ficha de solicitude dos libros que necesitades para o próximo curso e dos que queredes doar en SOLICITUDE BANCO DE LIBROS

28 de maio de 2014

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA E CALZADO (2 a 9 de xuño)




O Instituto participa nunha campaña solidaria de recollida de roupa usada e calzado en favor da Fundación Glorr e a ONG Global Humanitaria, entidades que traballan a prol da educación e dos dereitos da infancia.

Animamos ás familias a participar enviando en bolsas separadas a roupa e o calzado, que será depositado no vestíbulo do Centro, desde o día 2 ata o 9 de xuño.

Para máis información consulta nesta ligazón
http://www.edu.xunta.es/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=5997 

27 de feb. de 2014

TEATRO VENRES 28 DE FEBREIRO NO PARANINFO


Para un bo inicio de Entroido suxerímosvos asistir mañá venres 28 de febreiro ao espectáculo teatral e musical As alegres casadas, baseado na obra de Shakespeare, que representará o grupo de teatro do Sánchez Cantón no Paraninfo do Instituto ás 19.00 horas.

Teatro...música.....traxes de época.....consulta aquí a información completa

Calendario de actividades do Instituto

Desde o Instituto fannos chegar o calendario de actividades programadas para o alumnado desde o mes de febreiro ata xuño de 2014 que podedes consultar na seguinte ligazón:


Calquera modificación no calendario será actualizada e poderá consultarse en liña.

17 de dec. de 2013

Éxito da campaña de recollida de xoguetes

Así levaron onte o maleteiro do coche de Protección Civil, coas bolsas cheas de xoguetes que de maneira altruísta foron doados polas familias do alumnado do Instituto


A calidade da foto non é moi boa mais o que importa é a solidariedade demostrada e a ilusión por intentar conseguir entre todos que este Nadal ningún neno quede sen xoguetes.