Todos os anos poñemos as liquidacións no blog, pero hai un ano tivemos un
comezo de curso movido, e esquecemos facelo.
Corriximos o esquecemento agora.
Todos os anos poñemos as liquidacións no blog, pero hai un ano tivemos un
comezo de curso movido, e esquecemos facelo.
Corriximos o esquecemento agora.
Coma en cursos anteriores, a FANPA (Federación Provincial de ANPAs de
Pontevedra) oferta, por medio de Global Project, clases de inglés para alumnado
de institutos, de cara a preparar as certificacións da Universidade de
Cambrigde, neste curso académico 2021-2022.
Máis información en:
Os horarios do alumnado, de cada aula, están no espazo Abalar.
Cada familia ten acceso
ao horario das súas fillas e fillos.
Nova versión do “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos
centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022”:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35304
Este curso farase Teatro como actividade extraescolar.
Será os xoves pola tarde:
* de 16,30 a 17, 45 h: 1º e 2º da ESO,
*de 17,45 a 19 h: 3º e 4º da ESO, e 1º de BACH.
Empezará en outubro.
O prezo será de 15 euros ao mes, agás para o alumnado que pertenza á ANPA, que será de 10 euros ao mes, porque a ANPA pagaralle ao Obradoiro de Teatro 5 euros ao mes, por cada alumn@ fill@ das familias pertencentes á ANPA.
Como podedes as familias facervos socias da ANPA?
Descargade a ficha do blog da ANPA (no enderezo de abaixo), cubrídea e metédea, xunto coa confirmación do pago no banco, no buzón da ANPA que hai no vestíbulo do instituto.
http://anpaoverxel.blogspot.com/2021/06/ficha-para-subscribirse-anpa-o-verxel.html
Protocolo de adaptación ao
contexto da COVID-19, nos centros de ensino non universitario de Galicia, para o
curso 2021-2022:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2021_07_06_protocolo_21_22.pdf
Datas e horas para devolver os libros de texto do instituto, prestados para
o curso pasado:
Setembro 2021:
1º ESO: luns, día 6, ás 11 h.
2º ESO: luns, día 6, ás 12 h.
3º ESO: venres, día 3, ás 10 h.
4º ESO: venres, día 3, ás 11 h.
É preciso devolvelos para non ter que asumir o custo económico deles.