11 de maio de 2020

Proceso de solicitude de ADMISIÓN no instituto


A reserva de praza do alumnado do IES Sánchez Cantón para o vindeiro curso 2020-2021 farase de xeito telemático.

Todo o alumnado do centro, á marxe de ter ou non entregado no centro o documento de preinscrición no seu momento, fará agora unha preinscrición a través de internet antes do 18 de maio (do mes no que nos atopamos), da que chegará ás familias a información polo Abalar.

As familias que non teñan Abalar poderán facer a súa preinscripción presencialmente na secretaría do centro, entre as 9,30 h e as 13,00 h, segundo as datas para os cursos que se estableceron para o alumnado externo:




9 de maio de 2020

Proceso de solicitude de ADMISIÓN no instituto para o curso 2020-2021


Restableceuse o procedemento de admisión do alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria (ESO) e Bacharelato, en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso académico 2020-2021.

O prazo para a presentación das solicitudes de admisión iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

A atención presencial na secretaría do IES Sánchez Cantón levarase a cabo dende o luns 11 de maio ata o luns 18 de maio, en horario de 09,30 h a 13,00 h.

Esta información está na web do instituto en:


OLLO!, que para presentar os papeis, SÓ é do LUNS 11 ao VENRES 15!!!

E mirade ben en que DÍA e HORA vos toca, por curso e grupo!

As quendas por horas e cursos, están en:


E en:


Os impresos de PREINSCRICIÓN no IES Sánchez Cantón (Pontevedra) para o curso 2020-2021 están na web do instituto neste enlace:


Estase a traballar no centro nunha opción para poder cubrir a solicitude por medio dunha vía telemática (a través da web), debido as circunstancias especiais provocadas pola COVID-19. Necesítase ter rematada a ferramenta informática que faga isto posible e tela validada. Cando estea, se os resultados son axeitados, enviarán a información, dende o instituto, a través do foro do instituto e do espazo Abalar.

As programacións didácticas das materias que se cursan no IES Sánchez Cantón estarán publicadas na web do instituto, para a súa consulta, no espazo dos Departamentos:




29 de abr. de 2020

Saídas, excursións, viaxes… e devolución do diñeiro

Como xa saberedes, este curso o instituto cambiou a maneira de xestionar as viaxes. Isto fixo imposible devolver o diñeiro das saídas, dende a ANPA, como se viña facendo en cursos anteriores.

O 21 de decembro de 2019, enviamos, a través do blog, un aviso explicando que o diñeiro se devolvería todo xunto á fin de curso, tal e como se decidiu na Asemblea Xeral da ANPA de setembro.

Pero esta devolución que tiñamos prevista, e que se ía facer en efectivo e persoalmente no instituto, faise imposible por mor da corentena pola COVID-19 e polos riscos que conlevaría xuntar a varias persoas no centro, aínda que fose no mes de xuño.

Como medida preventiva, e para evitar riscos de posibles contaxios, pensamos que é mellor facer as devolucións por transferencia, ás familias que teñen fill@s que foron ás excursións que houbo antes de ter que cancelar todas as saídas. E, dado que na folla de inscrición non hai que poñer o número de conta de cadaquén, e, polo tanto, non o temos, precisamos que nos facilitedes os vosos. Vainos pedir por correo electrónico o tesoureiro da ANPA, Roberto Rúas, quen vos enviará cartas polo devandito correo electrónico nos días vindeiros.

Estade atent@s a este tema, porque as mensaxes poden entrarvos ao cartafol de Spam.

Saúdos cordiais!



12 de abr. de 2020

Canceladas as viaxes didácticas do instituto


PENAVENTURA 4º ESO:
A axencia realizará unha transferencia ás familias do custo da viaxe.

ATAPUERCA 1º BACH:
A axencia xa depositou no instituto a devolución do diñeiro en metálico. Xestionarase esta devolución ás familias en canto sexa posible.




2 de abr. de 2020

Aviso URXENTE do instituto sobre Abalar e as notas


O instituto avisa de que é IMPORTANTE e URXENTE que as familias accedan ao espazo Abalar porque as notas van chegar mañá a través del, e porque é unha ferramenta para poder seguir a actividade educativa dos seus fillos e fillas de xeito cómodo e rápido, e permite aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias.

Pódese acceder dende o ordenador ou instalando a aplicación abalarMóbil no teléfono ou outras plataformas.

O aviso do instituto está nesta ligazón:

A aplicación abalarMóbil está nesta ligazón:

A entrada ao espazo Abalar dende o ordenador está nesta ligazón: