Coma en cursos anteriores, a FANPA (Federación Provincial de ANPAs de
Pontevedra) oferta un Obradoiro de Técnicas de Estudo dirixido a estudantes de
entre 10 e 15 anos.
O instituto convoca ás familias do
alumnado de 1º da ESO a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro luns, día 21,
ás sete da tarde, no paraninfo do IES Sánchez
Cantón.
Na xuntanza presentarase o Equipo
Directivo, as persoas Titoras dos grupos, o Orientador, e as persoas
Coordinadoras da Biblioteca, do E-Dixgal, de Convivencia e de Igualdade.
O próximo venres,
día 27, o Club Natación Sincronizada Pontevedra vai levar a cabo unha xornada
de portas abertas, para que a xente nova interesada en coñecer este deporte, poida
probar sen ningún compromiso o que sería un adestramento de natación artística.
Coma en cursos anteriores, a FANPA (Federación Provincial de ANPAs de Pontevedra) oferta, por medio de Global Project, clases de inglés para alumnado de institutos, que teñen lugar os venres pola tarde no IES Valle Inclán.