8 de xul. de 2015

URXENTE: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Na páxina da FANPA está colgado un modelo de recurso para aqueles pais e nais que, vista a resolución provisional dos fondos solidarios de libros dos centros, quedan sen libros aínda que cumplen cos criterios de renda que os farían acreedores de axudas para mercar libros.

O prazo remata o 09/07/2015.

4 de xul. de 2015

CURRÍCULO ESO E BACHARELATO





No  DOGA do 29/06/2015 publícase o currículo da ESO e do BACHARELATO, regulándose e ordenándose así ditas etapas educativas como desenvolvemento da LOMCE en Galicia.

O curriculo contén o detalle de materias troncais, específicas e de libre configuración autonómica cos obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias de todas elas. Contén ademáis as avaliacións, promoción e titulación de cada etapa educativa. 

22 de xuño de 2015

CALENDARIO ESCOLAR 2015-2016




Aprobado o calendario escolar para o curso 2015-2016, publicado no DOGA de 17/06/2015.

"Artigo 5. Actividades lectivas
...
2. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade. Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.
...
Artigo 6. Períodos de vacacións
1. Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive.
2. Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016.
3. Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive."



FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO



FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DESTINADO AO ALUMNADO MATRICULADO EN 2º E 4º DE ESO

Orde do 21 de maio (DOGA do 1 de xuño de 2015).
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30/06/2015.


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN 1º E 3º DE ESO

Orde do 22 de maio (DOGA do 1 de xuño de 2015).
Prazo de presentación de solicitudes:
a) alumnado de educación primaria e especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación no DOGA
b) alumnado de ESO que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25/06 ao 27/07 ambos inclusive
c) alumnado de ESO que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 02/09 ao 02/10 ambos inclusive
d) novas incorporacións ao longo do curso: un mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula

6 de abr. de 2015

ANULADA A ACTIVIDADE DE ESCOLA DE PAIS

A actividade que tiñamos programada para a próxima semana de Escola de Pais queda anulada posto que non houbo suficiente demanda de participantes.
Agardamos poder organizala de novo cando así o demanden as familias.

Por se alguén está interesado na temática desta actividade, remitímosvos á web da FANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra) quen ten organizadas unhas charlas formativas para pais e nais. Son gratuítas e non é necesario inscribirse. As charlas impártense o último venres de cada mes ata o vindeiro xuño.


27 de feb. de 2015

ESCOLA DE PAIS


Desde a ANPA organizamos a III Edición da actividade “ESCOLA DE PAIS” impartida por Sandra Otero Agazzi (Psicóloga Escolar) que tratará sobre os seguintes temas:

1.- As auténticas necesidades dos fillos.

2.- O desenvolvemento da seguridade emocional.

3.- O adolescente e o seu mundo.

4.- A comunicación e a resolución de conflitos.

5.- Xogando ao seguro.

 Os obxectivos da Escola de Pais son:
  • mellorar as relacións paterno-filiais 
  • posibles solucións aos problemas máis comúns, axudar a perfilar os posibles cambios que sexan necesarios
  • capacitación para unha comunicación básica
  • apoio aos pais e fomento da amizade a nivel de grupo 


Duración: 5 sesións (1 sesión semanal de 2 horas), a impartir os luns en horario de 20:00 a 22:00
Lugar: no IES Sánchez Cantón do 13 de abril ao 11 de maio de 2015.

Custo: 8 euros por participante (14 euros se participan pai e nai).

Preinscrición: no correo electrónico da ANPA anpaoverxel@gmail.com