23 de feb. de 2015

CONFERENCIA SEGURIDADE DOS MENORES E TECNOLOXÍAS


Desde a ANPA comprácenos convidarvos a participar na conferencia

Acti
Seguridade dos menores ante as novas tecnoloxías

Conferencia impartida por José E. Torres Meira
(experto en privacidade e seguridade nas TIC)

Data e hora: xoves 26 de febreiro, ás 20.00 h.

Lugar: Paraninfo do IES Sánchez Cantón


Os temas a tratar son: telefonía móbil, conectividade (wifi, bluetooth), programas de mensaxaría (Line, Whatsapp), ciberacoso, programas de descarga de contidos, redes sociais, videoxogos.


2 de feb. de 2015

III CERTAME DE RELATO CURTO DA FANPA

A FANPA organiza o III Certame de Relato Curto en lingua galega no que poden paticipar alumnos e alumnas dos centros de ensino público da provincia de Pontevedra de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional así como as súas familias.
Repartiranse 800 euros en premios entre as distintas categorías e publicarase un libro colectivo cos relatos gañadores e finalistas.
O prazo para presentar os relatos remata o día 28 de febreiro.
 
Máis información nas bases do certame
 
 

14 de dec. de 2014

FALTAS DE ASISTENCIA EN BACHARELATO E PERDA DO DEREITO DE AVALIACIÓN CONTINUA

Desde a Dirección do Instituto comparten con nós a súa preocupación pola inasistencia en masa ás clases por parte do alumnado nos días que teñen exames.

Solicitan a nosa colaboración para recordar ao alumnado de Bacharelato e ás súas familias  o deber destes de asistir a clase e do risco que supón superar o número de faltas non xustificadas segundo recolle o Regulamento de Réxime Interno.

19 de nov. de 2014

DATA DA VOTACIÓN DOS PAIS E NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Data: 24 DE NOVEMBRO
Horario: de 19.00 a 21.00 h.
PODEN VOTAR AMBOS, NAIS E PAIS

O vindeiro luns 24 de novembro é o día para que os pais, nais e titores legais votemos nas eleccións de representantes no Consello Escolar do Instituto.

A mesa electoral instalada no Centro estará aberta de 19.00 a 21.00 horas.

Para poder votar é imprescindible a presentación do DNI.

Podedes consultar nesta ligazón http://www.edu.xunta.es/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=6350 toda a información sobre o proceso: composición da Xunta Electoral, candidaturas, integrantes das mesas electorais, datas...
PARTICIPA!!!