2 de feb. de 2015

III CERTAME DE RELATO CURTO DA FANPA

A FANPA organiza o III Certame de Relato Curto en lingua galega no que poden paticipar alumnos e alumnas dos centros de ensino público da provincia de Pontevedra de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional así como as súas familias.
Repartiranse 800 euros en premios entre as distintas categorías e publicarase un libro colectivo cos relatos gañadores e finalistas.
O prazo para presentar os relatos remata o día 28 de febreiro.
 
Máis información nas bases do certame
 
 

14 de dec. de 2014

FALTAS DE ASISTENCIA EN BACHARELATO E PERDA DO DEREITO DE AVALIACIÓN CONTINUA

Desde a Dirección do Instituto comparten con nós a súa preocupación pola inasistencia en masa ás clases por parte do alumnado nos días que teñen exames.

Solicitan a nosa colaboración para recordar ao alumnado de Bacharelato e ás súas familias  o deber destes de asistir a clase e do risco que supón superar o número de faltas non xustificadas segundo recolle o Regulamento de Réxime Interno.

19 de nov. de 2014

DATA DA VOTACIÓN DOS PAIS E NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Data: 24 DE NOVEMBRO
Horario: de 19.00 a 21.00 h.
PODEN VOTAR AMBOS, NAIS E PAIS

O vindeiro luns 24 de novembro é o día para que os pais, nais e titores legais votemos nas eleccións de representantes no Consello Escolar do Instituto.

A mesa electoral instalada no Centro estará aberta de 19.00 a 21.00 horas.

Para poder votar é imprescindible a presentación do DNI.

Podedes consultar nesta ligazón http://www.edu.xunta.es/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=6350 toda a información sobre o proceso: composición da Xunta Electoral, candidaturas, integrantes das mesas electorais, datas...
PARTICIPA!!!

29 de out. de 2014

ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO INSTITUTO

Iníciase o proceso para a renovación de membros do Consello Escolar do Instituto.
O vindeiro martes 4 de novembro, ás 11.30 h. na sala de profesores, terá lugar a constitución da Xunta Electoral.
Podedes consultar a convocatoria nesta ligazón

TEATRO XOVES 30 DE OUTUBRO NO PARANINFO: LA VENGANZA DE DON MENDO



Achegámosvos a invitación que nos fan desde a Dirección para asistir á representación teatral da obra La venganza de Don Mendo a cargo do grupo de teatro do IES Sánchez Cantón que terá lugar o xoves 30 de outubro ás 19.00 h. no Paraninfo.
A invitación é extensiva a todas as familias que desexen asistir. Animádevos!!


13 de out. de 2014

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA curso 2014-2015

Pola presente convócase a todos os pais, nais e titores/as dos alumnos e alumnas pertencentes á ANPA deste Instituto á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará no Paraninfo do Centro o vindeiro xoves 23 de outubro, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  2. Memoria do curso anterior.
  3. Lectura e aprobación, se procede, das contas do curso 2013-2014.
  4. Proxecto de actividades.
  5. Orzamento do curso 2014-2015.
  6. Novas incorporacións á Xunta Directiva.
  7. Quenda aberta ás palabras.

Nota: aquelas persoas que o desexen poderán facer efectivo o pago da cota anual da ANPA (20 euros)


Pontevedra, 10 de outubro de 2014

O presidente da ANPA


Luis Manuel Araújo Gómez

18 de set. de 2014

AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA FAMILIAS EN SITUACIÓN PRECARIA



A Federación de ANPA de Pontevedra xunto con CONFAPA Galicia estableceron un acordo de colaboración coa Fundación "la Caixa" para repartir un número limitado de lotes de material escolar entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria dos centros públicos que pertencen ás ANPA federadas.


A distribución farase por rigorosa orde de chegada das solicitudes entre as familias que estean en situación precaria.

Tendes toda a información nesta ligazón da FANPA, onde podedes descargar o documento de solicitude.