4 de feb. de 2013

2ª edición da Escola de Pais


Despois da boa acollida do curso pasado organizamos a segunda edición da actividade “ESCOLA DE PAIS”, impartida por Dona Sandra Otero Agazzi (Psicóloga Escolar), tratando os seguintes temas: 

1.- As auténticas necesidades dos fillos. 
2.- O desenvolvemento da seguridade emocional. 
3.- O adolescente e o seu mundo. 
4.- Xogando ao seguro e buscando solucións. 
5.- Situacións cotiás de conflito. 

Dita actividade consta de 5 sesións (1 por semana) a impartir os xoves en horario de 20.00 a 22.00 horas, na aula 18 do IES Sánchez Cantón (1º andar), do 21 de febreiro ao 21 de marzo de 2013. En función do número de participantes habilitaríanse outros grupos (en principio está previsto o martes se o grupo supera o número de 12 persoas). 

A actividade é gratuíta para os asociados da ANPA O Verxel e para os non asociados ten un custo de 7 euros.

O prazo para facer a inscrición é do 4 ao 14 de febreiro. O alumno entregará a solicitude ao delegado do seu curso para que este as entregue na Conserxería.


DESCARGA AQUÍ O FORMULARIO

2 de feb. de 2013

O equipo do Sánchez Cantón pasa á final local do IV Club de Debate

Os alumnos e alumnas do noso Centro que participaron hoxe na fase preliminar local do IV Club de Debate do Concello de Pontevedra


conseguiron pasar á final local que se celebrará o vindeiro sábado 23 de febreiro no Café Moderno, na que se enfrontarán ao outro equipo finalista do IES de Ponte Caldelas.


Foi unha intensa xornada na que debateron a favor e en contra do tema "O Estado ten que garantirlle o acceso ao traballo á mocidade".






A nosa noraboa ao equipo participante e aos seus preparadores, os profesores Xosé Luís Janeiro e Xosé Manuel Calvo!!


1 de feb. de 2013

O Sánchez Cantón participa no Club de Debate do Concello de Pontevedra

Este sábado 2 de febreiro no Pazo da Cultura celébrase a primeira fase. Desexámoslle ao equipo do Sánchez Cantón moita sorte.

Podedes consultar o programa da actividade nesta ligazón: http://www.nontedurmas.org/actividades/article/ven-ao-club-de-debate-do-concello

22 de xan. de 2013

Xustificación de faltas do alumnado e autorización para actividades

Infórmannos desde o instituto que se poden descargar os distintos formularios nos seguintes enlaces:


En breve estarán dispoñibles na zona para familias da web do instituto.

Programa de Becas Estudia en Canadá e Benjamín Franklin (EEUU) 2013

Desde o instituto fixéronnos chegar esta información de bolsas de estudios de inglés para o alumnado de 4º da ESO e mocidade entre 16 e 18 anos. Os prazos rematan en febreiro.
Máis información: ver aquí

Viaxe cultural a Italia 2013

O calendario e plan de viaxe provisional pódese consultar no seguinte enlace do instituo: ver aquí

Semana Branca 2013

Podedes consultar a información para as familias no seguinte enlace da web do instituto: ver aquí