11 de ago. de 2024

DESCONTOS para socios no curso 24-25

 Moitas son as empresas locales que se identifican coa labor da nosa ANPA e ofrecen descontos para os socios neste vindeiro curso escolar. Facede clic en cada logo para coñecer as condicións en cada unha das tendas.


   


  

     

25 de abr. de 2024

Posibilidade de fin de semana en familia e con amigos

 Dende o ANPA pomos a disposición de todas as familias do Centro (sexan ou non socias), a posibilidades de disfrutar dun fin d semana distinto, en familia e con amigos.


Esperamos que vos guste.

Plazas limitadas por orden de inscripción.  

Inicio de inscripción o venres 26 de abril ás 9:00 horas (antes desta hora non serán validas as inscripcións), ata o venres 3 de abril.


FORMULARIO PARA INSCRIBIRSE (pulsar)





22 de abr. de 2024

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 23/24 (XOVES 25 DE ABRIL 2024)

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2023/2024 

Asemblea Xeral ordinaria da ANPA O Verxel 

Día: XOVES 25 DE ABRIL 2024 

Hora: 1ª convocatoria: 20:15 horas. 2ª convocatoria: 20:30 horas. 

Lugar: Aula do IES Sánchez Cantón. 

ORDE DO DÍA 

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior. 

2.- Dar a coñecer as prácticas habituais dos alumnos que se gradúan. E tomar unha decisión se procede. 

3.- Axudar á solicitude de reparacións urxentes solicitadas polo centro, debido a que non se dan resolto. 

4.- Posta en marcha dun proxecto de banco de libros de lectura. 

5.- Rogos e preguntas.

3 de abr. de 2024

II Ciclo de Cultura Científica: Tecnoloxía con sentidiño

A Xunta de Galicia lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida ó público en xeral, comunidade educativa e docentes. Baixo o título de Tecnoloxía con sentidiño, a partires do 4 de abril, con varias temáticas arredor do eixo común da tecnoloxía, coma o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa súde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a intelixencia artificial, entre outros.

Poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura - Santiago de Compostela) de 18:00 a 19:30h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de Youtube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/000563/segundo-ciclo-cultura-cientifica-xunta-arranca-desmontando-mitos-sobre-uso-tecnoloxia



27 de feb. de 2024

Visita do Señor Arcebispo de Santiago.

 O profesor de relixión Católica anúncianos que o vindeiro xoves 14 de marzo de 10:30 a 11:30 terá lugar a visita ó centro do Señor Arcebispo de Santiago para dar unha charla a todos os alumnos/as de Relixión Católica e convida a asistir a todas as nais e pais que así o desexen.


Encontro lector co poeta Carlos Negro. Club de lectura de familias.

O vindeiro día 12 de marzo ás 6 da tarde , o club de lectura de familias do Sánchez terá un encontro lector co poeta Carlos Negro arredor da lectura que no club están a facer do seu poemario O tempo dos lagartos.

Dende a ANPA comprácenos poder subvencionar esta actividade que estará aberta tamén ao alumnado de bacharelato e a todos os pais e nais que desexen asistir

O tema do poemario é o tempo da adolescencia e os cambios que nesta etapa se producen nos mozos e mozas, polo que ben podería axudar a compreder mellor aos nosos fillos e fillas.

15 de feb. de 2024

Grabación de CÓMO AYUDAR A TUS HIJOS A ELEGIR SUS ESTUDIOS.

 Desde el ANPA, para todas las familias del Sánchez Cantón.

 

Enviamos el enlace al taller grabado, impartido por Yolanda Palomino este mes de febrero, de CÓMO AYUDAR A TUS HIJOS A ELEGIR SUS ESTUDIOS

 

La grabación estará disponible hasta el 22 de febrero:

 

https://www.youtube.com/watch?v=052LaURlxRQ

 

Los listados de estudios que enseñó son (PULSAR PARA VER):

LISTADO DE GRADOS UNIVERSITARIOS

FP Grado Superior

FP Grado Medio

LISTADO ENSEÑANZAS ESPECIALES


¡Muchas gracias!

Un saludo