26 de out. de 2020

Adiamento da Asemblea Xeral da ANPA O Verxel

Ante a situación derivada da crise sanitaria, xerada pola pandemia da COVID-19, agardabamos unha mellora para poder convocar a Asemblea Xeral.

Pero a situación empeorou, e as autoridades sanitarias ditaron a Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Así mesmo, o Consello de Ministros, na súa sesión extraordinaria do día 25 de outubro de 2020, aprobou, a través dun Real Decreto, a declaración do estado de alarma inicial de 15 días, extensible a 6 meses, para responder ante a situación de especial risco causada pola COVID-19.

Do mesmo xeito, seguindo as normativas das autoridades da Comunidade Autónoma de Galicia e das estatais, adiamos a celebración da Asemblea Xeral da ANPA, que viña tendo lugar, en cursos pasados, a principios do curso académico.

Pontevedra, 26 de outubro de 2020

A Xunta Directiva da ANPA O Verxel do IES Sánchez Cantón



Ningún comentario:

Publicar un comentario