16 de set. de 2016


Ponte a conducir 2016

Invitámosvos a unha nova edición de Ponte a Conducir, un obradoiro de seguridade viaria que a FANPA organiza en colaboración coa DXT, a Garda Civil, a Policía Local, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra. Este ano tamén contamos coa colaboración da Cruz Vermella.
O obradoiro celebrarase o sábado 17 de setembro de 2016, a partir das 10:00 a 14:00 horas, no parque infantil de tráfico do Concello de Pontevedra, situado en Mollabao.
Como o ano pasado, os nenos distribuiranse en grupos segundo a súa idade, e iran rotando polas diferentes actividades que se desenvolverán ao longo da mañá:
  • Circuíto de karts, peóns e ciclistas
  • Exposición de material da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico
  • Obradoiro de primeiros auxilios da Cruz Vermella
  • Concurso de debuxo sobre un tema de seguridade viaria.
  • Exhibición de simulacro de actuación en caso de accidente
Cponteaconducir_ilusada neno deberá levar o seu medio de transporte: bicis, motos, triciclos,... tamén participarán como peóns.
As prazas das que dispoñemos son limitadas, aprox. 120,  polo que se atenderá ao orde de inscrición para a participación na xornada. A inscrición pode facerse tanto presencialmente, na sede da FANPA, como a través dun formulario de inscrición que poñemos á vosa disposición ao remate desta nova:
  •         Nome e apelidos do rapaz participante
  • Idade
  • Curso escolar
  • Colexio
  • ANPA (se é socio)
  • Nome do pai ou titor responsable
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo
As inscricións ábrense o luns día 5 de setembro.

12 de set. de 2016

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA FANPA CON INSCRIPCIÓN ABERTA


ACTIVIDADES PENDENTES DE CUBRIR INSCRIPCIÓN:

- CHINES MANDARÍN
- OBRADOIRO DE SEGURANZA VIARIA PONTE A CONDUCIR.


ACTIVIDADES CON INSCRIPCIÓN ABERTA DURANTE TODO O CURSO:

-CREACIÓN TECNOLÓXICA
-PROGRAMA PAE
-EXAMES CAMBRIDGE (MARÍN , PONTEVEDRA)
-PLAYING ENGLISH
-ABACO PRIMARIA E SECUNDARIA


INFORMACIÓN: