18 de dec. de 2015





BO NADAL



A ANPA DO IES ''SÁNCHEZ CANTÓN''


DESEXAVOS UNHAS FELICES FESTAS



E UN FELIZ ANO NOVO!



9 de dec. de 2015


Bo día,
O sábado día 12 de decembro a FANPA organiza unha saída para visitar o Museo MeiRande no Concello de Redondela.
Sairase en autobús dende o Pazo da Cultura de Pontevedra ás 9:45 horas e regresarase sobre as 13:30 horas.

Prezo: 6 euros por familia para socios de ANPA Federada na FANPA  e 10 euros por familia para os non socios de ANPA federada na FANPA.
Un saúdo

4 de dec. de 2015

LUDONADAL 2015
Lembrámosvos que este luns 7 de decembro ábrese o prazo para inscribirse nas ludotecas de Nadal 2015. 

Máis información en: http://www.nontedurmas.org/actividades/article/programa-ludonadal-2015

27 de nov. de 2015



Dende a FANPA organizamos a actividade outono en Familia durante o mes de decembro.

Envian  o programa coa finalidade de darlle difusión ós nosos socios.

Un saúdo



8 de out. de 2015

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Tódol@s soci@s están convocad@s á asemblea xeral ordinaria o 22/10/2015.


NOTA: Antes do comezo da asemblea poderase pagar en efectivo a cota.

19 de set. de 2015

Axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana






Publicada a Orde do 11 de setembro de 2015 pola que se regula o procedemento de concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 

16 de set. de 2015

FORMACIÓN EXTRAESCOLAR PARA A PREPARACIÓN DOS EXAMES DE CAMBRIDGE



Igual que estes últimos anos FANPA organiza a actividade extraescolar de inglés para as etapas de ESO e Bacharelato.

Aberto prazo de inscrición 2015- 16: Folla de inscrición

Nota importante: A lista de admitidos seguirá a orde de chegada das reservas.

Obxectivo: Preparar aos nosos mozos para que obteñan os correspondentes certificados de recoñecemento internacional da Universidade de Cambridge o que lles abrirá as portas a unha educación de alto nivel.

Profesorado: O profesorado encargado desta preparación é de nivel nativo, con experiencia nas preparacións destes exames e alto nivel de aprobados nos seus grupos.

Contidos: - Programación adaptada ás diferentes probas de nivel. - Refórzanse e practican as estruturas fundamentais: Writing (escribir), Speaking (falar), Reading (ler), e Listening (escoitar). - Prácticas de exames reais para que os nenos se familiaricen cos mesmos. Dedicación mínima recomendada, 2 horas á semana. Establécese a seguinte estrutura (curso escolar orientativo- realizaranse probas de nivel iniciais):
• Nivel A2 K.E.T
• Nivel B1: P.E.T
• Nivel B2: First
• Nivel C1: CAE

ORGANIZACIÓN XERAL
O número mínimo de alumnos en cada grupo é 8 e máximo 15. Para un número inferior a tarifa pode sufrir algún cambio.
Cada grupo está ao cargo dun profesor de nivel nativo que impartirá as clases e preocuparase pola evolución de cada alumno. Os profesores son excelentes profesionais con grande experiencia no ensino de nenos.
Ademais:
. Global Project asignará un coordinador en permanente contacto con FANPA e os profesores para garantir a boa marcha dos cursos. 
. Trimestralmente entregarase aos nenos un completo informe sobre a súa evolución e recomendacións. 
. En caso de enfermidade ou baixa dalgún dos profesores, Global Project procurará cubrir as clases cun profesor substituto.

TARIFAS E HORARIOS PREPARACIÓN DE EXÁMENES DE CAMBRIDGE
Cota: 38 €/ mes, socios FANPA 47€/mes, non socios
Cota CAE 57€/48€ (grupo de menos ou máis de 8 alumnos) para socios. Non socios 66€/57€
Horario: venres de 16:30 a 18:30 Lugar: nun instituto céntrico pendente de determinar (EN PRINCIPIO PARECE QUE SERÁ O IES VALLE INCLÁN).

Para máis información sobre os cursos e a situación das aulas, poden chamar aos teléfonos de contacto: FANPA: 986 843 412 /Global Project: 986 220 670.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR



A Obra Social da Fundación La Caixa pon a disposición de CONFAPA-Galicia lotes de material escolar a distribuir entre as ANPAS atendendo a situacións de necesidades económicas, sociais, familiares, etc.

Os interesados deben poñerse en contacto coa ANPA antes do 20/09/2015.

13 de ago. de 2015

IMPORTANTE: becas estudios bachillerato

En el BOE de 06/08/2015 se pública la convocatoria de becas para estudios postobligatorios, entre los que se encuentra bachillerato.

El plazo de presentación finaliza el 30/09/2015.

Instruccións para a implantación da LOMCE

Publicado no DOGA do 29/07/2015 as instruccións para a implantación do currículo da ESO e bacharelato nos centros docentes de Galicia

8 de xul. de 2015

URXENTE: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Na páxina da FANPA está colgado un modelo de recurso para aqueles pais e nais que, vista a resolución provisional dos fondos solidarios de libros dos centros, quedan sen libros aínda que cumplen cos criterios de renda que os farían acreedores de axudas para mercar libros.

O prazo remata o 09/07/2015.

4 de xul. de 2015

CURRÍCULO ESO E BACHARELATO





No  DOGA do 29/06/2015 publícase o currículo da ESO e do BACHARELATO, regulándose e ordenándose así ditas etapas educativas como desenvolvemento da LOMCE en Galicia.

O curriculo contén o detalle de materias troncais, específicas e de libre configuración autonómica cos obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias de todas elas. Contén ademáis as avaliacións, promoción e titulación de cada etapa educativa. 

22 de xuño de 2015

CALENDARIO ESCOLAR 2015-2016




Aprobado o calendario escolar para o curso 2015-2016, publicado no DOGA de 17/06/2015.

"Artigo 5. Actividades lectivas
...
2. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade. Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.
...
Artigo 6. Períodos de vacacións
1. Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive.
2. Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016.
3. Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive."



FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO



FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DESTINADO AO ALUMNADO MATRICULADO EN 2º E 4º DE ESO

Orde do 21 de maio (DOGA do 1 de xuño de 2015).
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30/06/2015.


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN 1º E 3º DE ESO

Orde do 22 de maio (DOGA do 1 de xuño de 2015).
Prazo de presentación de solicitudes:
a) alumnado de educación primaria e especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación no DOGA
b) alumnado de ESO que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25/06 ao 27/07 ambos inclusive
c) alumnado de ESO que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 02/09 ao 02/10 ambos inclusive
d) novas incorporacións ao longo do curso: un mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula

6 de abr. de 2015

ANULADA A ACTIVIDADE DE ESCOLA DE PAIS

A actividade que tiñamos programada para a próxima semana de Escola de Pais queda anulada posto que non houbo suficiente demanda de participantes.
Agardamos poder organizala de novo cando así o demanden as familias.

Por se alguén está interesado na temática desta actividade, remitímosvos á web da FANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra) quen ten organizadas unhas charlas formativas para pais e nais. Son gratuítas e non é necesario inscribirse. As charlas impártense o último venres de cada mes ata o vindeiro xuño.


27 de feb. de 2015

ESCOLA DE PAIS


Desde a ANPA organizamos a III Edición da actividade “ESCOLA DE PAIS” impartida por Sandra Otero Agazzi (Psicóloga Escolar) que tratará sobre os seguintes temas:

1.- As auténticas necesidades dos fillos.

2.- O desenvolvemento da seguridade emocional.

3.- O adolescente e o seu mundo.

4.- A comunicación e a resolución de conflitos.

5.- Xogando ao seguro.

 Os obxectivos da Escola de Pais son:
  • mellorar as relacións paterno-filiais 
  • posibles solucións aos problemas máis comúns, axudar a perfilar os posibles cambios que sexan necesarios
  • capacitación para unha comunicación básica
  • apoio aos pais e fomento da amizade a nivel de grupo 


Duración: 5 sesións (1 sesión semanal de 2 horas), a impartir os luns en horario de 20:00 a 22:00
Lugar: no IES Sánchez Cantón do 13 de abril ao 11 de maio de 2015.

Custo: 8 euros por participante (14 euros se participan pai e nai).

Preinscrición: no correo electrónico da ANPA anpaoverxel@gmail.com




23 de feb. de 2015

CONFERENCIA SEGURIDADE DOS MENORES E TECNOLOXÍAS


Desde a ANPA comprácenos convidarvos a participar na conferencia

Acti
Seguridade dos menores ante as novas tecnoloxías

Conferencia impartida por José E. Torres Meira
(experto en privacidade e seguridade nas TIC)

Data e hora: xoves 26 de febreiro, ás 20.00 h.

Lugar: Paraninfo do IES Sánchez Cantón


Os temas a tratar son: telefonía móbil, conectividade (wifi, bluetooth), programas de mensaxaría (Line, Whatsapp), ciberacoso, programas de descarga de contidos, redes sociais, videoxogos.