25 de abr. de 2024

Posibilidade de fin de semana en familia e con amigos

 Dende o ANPA pomos a disposición de todas as familias do Centro (sexan ou non socias), a posibilidades de disfrutar dun fin d semana distinto, en familia e con amigos.


Esperamos que vos guste.

Plazas limitadas por orden de inscripción.  

Inicio de inscripción o venres 26 de abril ás 9:00 horas (antes desta hora non serán validas as inscripcións), ata o venres 3 de abril.


FORMULARIO PARA INSCRIBIRSE (pulsar)





22 de abr. de 2024

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 23/24 (XOVES 25 DE ABRIL 2024)

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2023/2024 

Asemblea Xeral ordinaria da ANPA O Verxel 

Día: XOVES 25 DE ABRIL 2024 

Hora: 1ª convocatoria: 20:15 horas. 2ª convocatoria: 20:30 horas. 

Lugar: Aula do IES Sánchez Cantón. 

ORDE DO DÍA 

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior. 

2.- Dar a coñecer as prácticas habituais dos alumnos que se gradúan. E tomar unha decisión se procede. 

3.- Axudar á solicitude de reparacións urxentes solicitadas polo centro, debido a que non se dan resolto. 

4.- Posta en marcha dun proxecto de banco de libros de lectura. 

5.- Rogos e preguntas.

3 de abr. de 2024

II Ciclo de Cultura Científica: Tecnoloxía con sentidiño

A Xunta de Galicia lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida ó público en xeral, comunidade educativa e docentes. Baixo o título de Tecnoloxía con sentidiño, a partires do 4 de abril, con varias temáticas arredor do eixo común da tecnoloxía, coma o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa súde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a intelixencia artificial, entre outros.

Poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura - Santiago de Compostela) de 18:00 a 19:30h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de Youtube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/000563/segundo-ciclo-cultura-cientifica-xunta-arranca-desmontando-mitos-sobre-uso-tecnoloxia