18 de xan. de 2012

ESCOLA DE PAIS

 Ante  a solicitude por parte de algúns dos nosos asociados,  presentamos a actividade “ESCOLA DE PAIS” impartida por Dona Sandra Otero Agazzi (Psicóloga Escolar) tratando os seguintes temas:

            1.- As auténticas necesidades dos fillos.

            2.- O desenrolo da seguridade emocional.

            3.- O adolescente e o seu mundo. 

            4.- Xogando ao seguro e buscando solucións.

Dita actividade constaría de 4 sesións (1 por semana) a impartir os luns o xoves en horario de 20:00 a 21:30 horas, os grupos serían de 12 persoas.

A actividade sería gratuíta para os asociados da Anpa O Verxel e para os non asociados tería un costo de 5 euros.

O prazo para facer a inscrición é do 16 o 20 de xaneiro. FICHA DE INSCRIPCIÓN

                                   Pontevedra 9 de xaneiro de 2012