25 de out. de 2022

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria ANPA

A Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA, que se vai celebrar este xoves, día 27, non se vai levar a cabo no Paraninfo do instituto, como estaba previsto, senón no soto -2, na aula S23.

O Paraninfo está a ser preparado para o Samaín.



19 de out. de 2022

Ampliación da axuda para adquirir material escolar no curso 2022-2023

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022:

...

“Cuarto. Para paliar na medida do posible estas consecuencias, cómpre efectuar unha ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50 €, e concederlles 25 € adicionais ata acadar un importe total de 75 €.”

...

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0655-061022-0001_gl.html



18 de out. de 2022

Instrucións sobre as recomendacións xerais da COVID-19 no curso 2022-2023

Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/37824



12 de out. de 2022

Teatro no IES Sánchez Cantón

O profesorado do IES Sánchez Cantón ten un grupo de teatro, e o día 20 deste mes, xoves, vainos ofrecer a obra “4 corazones con freno y marcha atrás”, unha obra de teatro moi orixinal, que é unha das comedias máis divertidas do escritor Enrique Jardiel Poncela.

Será no Paraninfo do instituto, ás oito do serán (20 h), e a entrada é gratuíta.

Non vola perdades, a obra é moi boa, e o grupo de teatro do profesorado do noso instituto non ten nada que envexar a calquera grupo de teatro de profesionais, é realmente boísimo!!!




16 de set. de 2022

A nosa Benvida a este novo curso!

Prezadas familias:

Queremos darvos a benvida a este novo curso 2022-2023, e agardamos que veñades con forzas renovadas.

A todas as familia que vos unides a ANPA este curso, moitas grazas!

Desexámosvos unha boa andaina!



10 de ago. de 2022

Ficha para subscribirse á ANPA “O Verxel”

A ficha para subscribirse á ANPA vai todos os cursos co sobre da matrícula, pero tamén podedes descargala de aquí, se a necesitades.

Por favor, escribide con LETRA CLARA, sobre todo o voso enderezo de correo electrónico, porque se despois queremos enviar algún aviso e non se entende a letra, non podemos envialo.





25 de mar. de 2022

Visitas á Catedral de Santiago

O departamento de Relixión do noso instituto está a organizar saídas co alumnado a Santiago de Compostela para visitar a Catedral.

A ANPA colabora con estas actividades.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/271



Teatro en francés

O departamento de Francés do noso instituto organizou unha saída a Vigo para asistir a unha representación teatral en francés.

A ANPA colaborou con esta actividade.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/162



Club Contra o Cambio Climático

Esta semana, o martes 22, o Club Contra o Cambio Climático do noso instituto, pertencente ao Club de Ciencia do instituto, limpou o río Gafos, xunto con outros institutos.

O 22 de marzo é o Día Mundial da Auga.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/274



FANPA: Aventuras en familia 2022

Hoxe empeza o período de inscrición na FANPA para as “Actividades en familia”.

Datas de inscrición: Do 25 de marzo ás 9,00 h, ata o 15 de abril ás 14,00 h (non se admitirán inscricións fora deste tramo de días e horas).

Máis información en:

https://www.nontedurmas.org/actividades/aventuras-en-familia-2022/



14 de mar. de 2022

Obradoiros Familiares ofertados polo Concello de Pontevedra

Dende o Concello de Pontevedra ofertan Obradoiros Familiares, en colaboración coa Consellería de Sanidade, que están pensados como un espazo puntual de xuntanza para familias, no que se aborda un tema de interese de maneira monográfica e intensiva (cada temática trátase nun obradoiro de hora e media de duración), impartidos por persoas profesionais expertas en educación e prevención.

As temáticas son as seguintes:

Obradoiro 1.- Familias dixitais I. Aprendendo conceptos.

Obradoiro 2.- Familias dixitais II. O novo mundo virtual.

Obradoiro 3.- Fortalecendo familias: Prevención do consumo de drogas.

Obradoiro 4.- Falando de sexualidade en familia.

Obradoiro 5.- O papel da familia nos hábitos de estudo.


Na seguinte ligazón hai información do concello:

https://www.pontevedra.gal/2022/03/11/benestar-social-impulsa-uns-obradoiros-familiares-nos-que-se-abordaran-cuestions-como-a-adicion-as-redes-sociais-os-contidos-falsos-no-mundo-virtual-a-prevencion-do-consumo-de-drogas-a-educacion-se/






Obradoiros de técnicas de estudo na FANPA

Para alumnado de 10 a 16 anos.

Máis información en:

https://www.nontedurmas.org/anpas/formacion/obradoiros-de-tecnicas-de-estudo-na-fanpa/



Festival de Entroido

A ANPA colaborou, coma todos os anos, co Festival de Entroido, deste curso académico:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/227



Festival “Tu cara me suena”

A ANPA colaborou, coma todos os anos, co Festival de Nadal, ou Festival “Tu cara me suena”, deste curso académico:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/113



4 de mar. de 2022

Admisión no instituto para o curso 2022-2023

O proceso de admisión é do 1 ao 21 de marzo para rapaces e rapazas de fóra do noso instituto, que queren acceder ao Sánchez Cantón por primeira vez, no vindeiro curso.

Non o ten que facer quen xa é alumno e alumna do noso instituto, nin o alumnado de 6º de educación primaria dos colexios adscritos ao IES Sánchez Cantón (Campolongo e Froebel).

Para o alumnado do noso instituto haberá unha prematrícula en maio, para coñecer cales son as materias máis demandadas para o próximo curso, e a partir do 27 de xuño (data aproximada) será a matrícula oficial (obrigatoria para todo o alumnado, o actual e o novo).

A explicación de como hai que facer a solicitude de admisión no instituto para o próximo curso, está xa na web do instituto, en:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/226