11 de xuño de 2013

Urxente: reunión informativa no Instituto sobre intercambio co Liceo Francés de Londres

Remítennos desde o Instituto unha nota sobre unha reunión hoxe día 11 de xuño, ás 20.00 horas, na Biblioteca do Instituto co alumnado e familias de 1º ESO para informar sobre un intercambio co Liceo Francés de Londres no vindeiro curso 2013-2014.
 

9 de xuño de 2013

BANCO DE LIBROS DE TEXTO


Animámosvos a colaborar co BANCO DE LIBROS DE TEXTO que por segundo ano organiza o Concello de Pontevedra. Nesta iniciativa participa o IES Sánchez Cantón. Consultade nesta ligazón toda a información do Banco de Libros.

Podedes descargar a ficha de solicitude dos libros que necesitades para o próximo curso e dos que queredes doar en Solicitude Banco de Libros


AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2013-2014



 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado de educación primaria, ESO e educación especial para o curso 2013-2014.
Podedes consultar as bases da convocatoria no DOG núm. 103 de 31 de maio de 2013
As solicitudes entregaranse no centro docente en que estea matriculado o alumnado e o prazo para a presentación de instancias do alumnado da ESO será:
  • de 25 de xuño ao 26 de xullo para o alumnado que formalice a matrícula no prazo ordinario
  • de 2 de setembro ao 2 de outubro para o alumnado que formalice matrícula no prazo extraordinario
As instancias poden obterse no enderezo electrónico https://sede.xunta.es ou  http://www.edu.xunta.es