31 de out. de 2013

Clases de alemán para ESO e Bacharelato



A FANPA organiza clases de alemán para estudantes de ESO e Bacharelato impartidas por persoal nativo. O prezo para asociados é de 32 euros ao mes.

Consulta aquí a información e ficha de inscrición

28 de out. de 2013

APPS no Sánchez Cantón

O pasado mércores 23 de outubro recibimos na Asemblea Xeral da ANPA a visita da profesora Charo Sánchez-Gabriel, responsable da Biblioteca do Instituto, para informarnos sobre unhas interesantes iniciativas que se están a desenvolver no eido da telefonía móbil e as súas potencialidades como canle de comunicación da comunidade educativa.



APP do Sánchez Cantón: aplicación para Android moi útil para a difusión da identidade do Centro, da oferta de estudios, publicidade das actividades e interacción en xeral co Instituto.
Podedes consultar na ligazón da APP do Sánchez Cantón toda a información e descargar a aplicación.

APPs con Inventor: magnífico traballo realizado polo alumnado de 1º BAC TIC o pasado curso 2012-2013, en colaboración con distintos departamentos, no que se desenvolveron varias aplicacións para descubrir mediante paseos xeolocalizados pola cidade as prazas de Pontevedra, os tesouros do patrimonio cultural da cidade e as árbores máis representativas da zona.
Podedes descargar as aplicacións nesta ligazón APPs con Inventor

Parabéns ao alumnado, aos docentes e á Biblioteca!!

13 de out. de 2013

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA curso 2013-2014

Pola presente convócase a todos os pais, nais e titores/as dos alumnos e alumnas pertencentes á ANPA deste Instituto á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará no Paraninfo do Centro o vindeiro mércores día 23 de outubro, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  2. Memoria do curso anterior.
  3. Lectura e aprobación, se procede, das contas do curso 2012-2013.
  4. Proxecto de actividades.
  5. Orzamento do curso 2013-2014.
  6. Novas incorporacións á Xunta Directiva.
  7. Quenda aberta ás palabras.
Pontevedra, 8 de outubro de 2013

O presidente da ANPA

Luis Manuel Araújo Gómez


11 de out. de 2013

Amplíase o prazo para a Consulta Cidadá pola Educación

Prorrógase o prazo para a participación na Consulta Cidadá pola Educación ata o vindeiro día 27 de outubro.

Aquelas persoas que non poideran participar votando nalgunha das mesas habilitadas nos centros ou lugares centrais das cidades poden facelo no sitio web da consulta: http://www.consultaciudadanaporlaeducacion.org/participa.html

8 de out. de 2013

CONSULTA CIDADÁ POLA EDUCACIÓN

Consulta Cidadá pola Educación, promovida pola Plataforma en Defensa do Ensino Público da que forma parte CONFAPA-GALICIA, no marco da que se está desenvolvendo en todo o Estado.


 Comunicado ás familias

3 de out. de 2013

PREPARACIÓN DE EXAMES DE INGLÉS DA UNIVERSIDADE DE CAMBRIDGE 2013-2014

Continúa aberto o prazo para matricularse nos cursos preparatorios dos exames de inglés da Universidade de Cambridge (certificados K.E.T., P.E.T., F.C.E.) que organiza a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra.

As clases serán os venres polas tardes.
A cota para os asociados á FANPA é de 35 euros mensuais.
Existe ademáis unha bolsa de libros mediante o sistema de cesión en uso dos libros de texto necesarios para estes cursos.

Tendes toda a información e as fichas de inscrición nesta ligazón da FANPA