21 de maio de 2018

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros e material escolar e o acceso ao fondo solidario

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros e material escolar e o acceso ao fondo solidario

Unha das principais novidades é a posibilidade de que as familias tamén poidan presentar as solicitudes de xeito telemáticoA convocatoria estará aberta ata o 22 de xuño

Mantense a axuda de 250 euros para o alumnado matriculado en educación especial.

4 de maio de 2018

IV Competición de Robots na EEI de Vigo

Reportaxe gráfico da participación dos equipos de robotica do Sánchez que participaron o venres 4/5/18, venres entre as 10.30 - 14.30 h. na IV Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.  Nas imaxes os equipos Tripla M, O Candramón e Equipo A integrados por alumndo de 2º Bach B e C coordinaddos polo profesor José Manuel .Palmeiro (Dto. Tecnoloxía). Agradecer a colaboración da ANPA O VERXEL na adquisición dos 3 Robots a utilizar nesta actividade, a adquisición da pista e o curso de formacion realizado con anterioridade. O equipo Candramón clasificouse para a final. Acompañou ao alumnado Francisco Pérez Carral.

https://www.facebook.com/pg/IES-S%C3%A1nchez-Cant%C3%B3n-1593681667514110/photos/?tab=album&album_id=2093978287484443