24 de set. de 2025

24/09/2025 Sesión de traballo da Directiva da ANPA aberta á participación das familias

 O mércores 24/9/2025 ás 20:30 h. terá lugar na Cafetería Plaza (Praza de Galicia) unha SESIÓN DE TRABALLO dos integrantes da directiva da ANPA O Verxel.

O obxectivo é preparar, por parte da directiva, as iniciativas do novo curso e a Asemblea que anunciaremos e terá lugar nas vindeiras semanas.

Animamos ás familias (nais ou pais) que teñan algunha suxerencia ou achega, a que asistan a esta sesión previa de traballo para compartilas coa directiva se así o desexan.



16 de set. de 2025

Ricos tomatiños da horta do IES Sánchez Cantón

Os tomatiños da propia colleita saben moito mellor! Todo o mundo está de acordo.

A horta do IES Sánchez Cantón está a dar os seus froitos.

Esta semana, o menú da cafetería do día 15/09/25 incluiu unha saudable sorpresa: tomatiños da horta!!

Mirade as fotos ...vaia pinta!