19 de feb. de 2018

INICIACIÓN Á ROBÓTICA


No IES Sánchez Cantón, o sábado 24/02/2018
Horario: de 10:00 a 14:00 
(unha primeira parte de programación co software libre Scratch e a continuación a parte práctica coa montaxe, programación e desmontaxe de robots)

Lista de admitidos (20)
que, coa inscripción, comprométense a asistir ó curso e en caso de imposibilidade de facelo, a comunicalo o antes posible. 
ALUMNO
CURSO
1º.- Pablo Rúas Fernández
4ºESO
2º.- Uxío Juncal Cotilla
1ºD ESO
3º.- Sabela Rivas Campos
1ºD ESO
4º.- Mariña Maceiras Segovia
1ºB ESO
5º.- Manuel López Díaz
4ºA ESO
6º.- Lucas Felix Casal
1º ESO
7º.- Miguel Sierra Malvar
1º D ESO
8º.- Javier Sierra Malvar
3ºB ESO
9º.- Clara García Taboada

10º.- Miguel García Taboada

11º.- Manuel Omil Vozmediano
2ºBach. C
12º.- José Gálvez Fernández
2ºBach. C
13º.- Robertp Rodriguez Gordo
2ºBach B
14º.- Clèlia Mei Morales Picas
1ºB ESO
15º.- Miguel Monteagudo Vázquez
2ºC ESO
16º.- Sergio Cortizo Silva
2ºA ESO
17º.- Federico de Carlos Varela
2ºD ESO
18º.- Jorge Pedrosa Ferreira
1º Bach. C

19º.- Sergio Blond Sánchez
2ºC ESO
20º.- Pedro Cernadas Estévez
2ºA ESO


10 de feb. de 2018

OBRADOIROS DE PAIS E NAIS

Dende a  ANPA do IES Frei Martín Sarmiento coa colaboracion do centro e do Concello de Pontevedra poñemos en marcha un ciclo de Obradoiros de Nais e Pais para tentar axudarnos a xestionar esta nova etapa das nosas fillas e fillos. 
Este é o programa dos obradoiros, gratuitos e abertos a todo o público, que terán lugar os sábados 24/02, 17/03 e 14/04 entre as 11:30 e as 13:00.

Dende as Escolas de Familia o noso obxectivo é o de promover un espazo de información, formación e reflexión para pais e nais da contorna de Pontevedra, no cal entre todos fagamos achegas ó respecto daqueles temas que nos preocupan, interesan ou son da nosa inquedanza. Sempre contando o acompañamento e asesoramento de un/ unha profesional do ámbito da Pedagoxía ou Psicoloxía.

As familias actuais vémonos insertas nunha sociedade cada vez máis cambiante e que nos formula novos retos, o que dende estes espazos se pretende e por medio da colaboración atopar estratexias que nos capaciten para superar as dificultades e facer fronte os cambios que se están a producir. Os temas que se van tratar son: A Autoestima, a Sexualidade, e o Mal uso das TICs.



Mal uso das TIC - Sábado 24 de febreiro, de 11:30 a 13:00 :

- Adquirir conciencia de que é mellor educar que prohibir no uso da tecnoloxía.

- Dar a coñecer pautas de actuación básicas para acadar unha navegación segura.

- Concienciar da educación e valores para superar os principais problemas que vai asociado o mal uso das TIC.

Sexualidade - Sábado 17 de marzo, de 11:30 a 13:00 

- Reflexionar sobre a sexualidade e como facer fronte a esta temática na casa.

- Promover melloras nos coñecementos biolóxicos, psicolóxicos e de relacións persoais e sociais das relacións interpersoais.

- Integrar a sexualidade como parte do desenvolvemento persoas e humanos.

Fomento da autoestima - Sábado 14 de abril, de 11:30 a 13:00

- Promover a reflexión sobre as experiencias e afectos que inflúen no ambiente familiar e posterior conduta social.

- Evidenciar a autoestima e o autoconcepto, por de manifesto como nos inflúe a nivel persoal.

- Facilitar estratexias e ferramentas para mellorar a autoestima persoal e familiar.

Imparte as charlas: Inés González Lores, educadora social e pedagoga.


O lugar de celebración será  o salon de actos do IES. Por cuestións organizativas agradecemos que confirmedes a vosa asistencia no correo da anpa (anpa.iesfreimartinsarmiento@g mail.com). O concello ofrece servicio de gardería para as familias que o precisen, pero deberemos confirmarlles con antelación o número de fillos e as idades (antes do día 20 de febreiro). 

Agardamos a vosa presencia.

Un saudo

Estefanía De la Fuente

ANPA XOCAS