17 de dec. de 2013

Éxito da campaña de recollida de xoguetes

Así levaron onte o maleteiro do coche de Protección Civil, coas bolsas cheas de xoguetes que de maneira altruísta foron doados polas familias do alumnado do Instituto


A calidade da foto non é moi boa mais o que importa é a solidariedade demostrada e a ilusión por intentar conseguir entre todos que este Nadal ningún neno quede sen xoguetes.


12 de dec. de 2013

Campaña solidaria de recollida de xoguetes

Desde a ANPA pedimos a vosa colaboración para a campaña de Nadal "Todos/as somos nenos/as", iniciativa de varias empresas de Pontevedra para a recollida de xoguetes en favor da Fundación Meniños e de calquera outra ONG que o solicite.

O día de recollida das vosas achegas será o vindeiro luns 16 de decembro no propio Instituto por voluntarios de Protección Civil. O alumnado pode deixar os xoguetes na conserxería.

Agradecemos a vosa solidariedade e esforzo.


4 de dec. de 2013

Charla de Orientación Universitaria




O vindeiro martes 10 de decembro, ás 20:00 h., no Paraninfo do IES Sánchez Cantón, vaise impartir unha interesante charla dirixida especialmente a pais/nais e alumnos/as de 4º da ESO e Bacharelato. A charla será impartida polo Servizo de Información, Orientación e Promoción do Estudante da Universidade de Vigo (SIOPE) acerca tanto da Universidade e os seus servizos coma do acceso á mesma.

A entrada é libre ata completar aforo.

Non deixes de asistir para resolver as túas dúbidas!!