21 de dec. de 2019

Saídas, excursións, viaxes…


Como sabedes, a ANPA paga as saídas, excursións, viaxes..., das fillas e fillos das familias socias da ANPA. Na Asemblea Xeral da ANPA de setembro decidiuse que este curso académico o límite será: 15 euros por alumna/alumno no curso.

Pagaranse xuntos ao final do curso, en xuño.

Á xente que gaste menos de 15 euros, pagaráselle o que gaste, e á xente que gaste máis de 15 euros, daránselle só os 15 euros.



BO NADAL!!!





9 de dec. de 2019

Xuntanza de decembro do club de lectura "VERXEL DE LECTURA"


Convocámosvos á xuntanza de decembro de 2019 do Verxel de Lectura.

DÍA: o próximo mércores,11 de decembro de 2019
HORA: ás 18 h (seis do serán)
LUGAR: na Biblioteca do IES Sánchez Cantón

Agardámosvos!

Coordinación do Club de Lectura "Verxel de lectura"