20 de dec. de 2020

8 de dec. de 2020

A Biblioteca do instituto no curso 2020-2021

Durante este curso, 2020-2021, a Biblioteca funciona como aula polas mañás, e isto impide que poida funcionar como biblioteca, obviamente, e obriga a suspender o servizo da biblioteca como viña funcionando nos cursos anteriores.

Así que, despois de organizala para este curso, outro curso especial por mor da COVID-19!, de momento vai quedar como indican as normas da web do instituto, que están no enlace que poñemos a continuación (pensade que, en calquera momento, a pandemia pode facer cambiar as programacións, tamén as da Biblioteca).

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/page/view.php?id=23104





6 de nov. de 2020

Protocolos COVID-19

A Xunta presenta o Plan de ensino virtual ante a Covid-19 como folla de ruta para blindar a calidade da Educación en Galicia (2-11-2020):

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32313


Decreto e Orde do 4-11-2020 polas que se adoptan medidas específicas en Galicia ante a situación sanitaria creada pola COVID-19:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201104/2476/AnuncioC3B0-041120-1_gl.html


https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201104/2476/AnuncioC3K1-041120-2_gl.html


Recomendacións sobre a ventilación en centros educativos no contexto da COVID-19 (4-11-2020):

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32345


Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 e protocolo de prevención da transmisión da Covid-19 nas actividades extraescolares nos centros de ensino non universitario (4-11-2020):

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32343


- Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 (4-11-2020):

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2020_11_04_protocolo_xeral.pdf


- Protocolo de prevención da transmisión da COVID-19 nas actividades extraescolares (4-11-2020):

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_extraescolares_04_11_20_2.pdf


Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Procedemento de xestión de equipamento para alumnado en situación de fenda dixital. Plan de ensino virtual ante a Covid-19 (5-11-2020):

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32350



26 de out. de 2020

Adiamento da Asemblea Xeral da ANPA O Verxel

Ante a situación derivada da crise sanitaria, xerada pola pandemia da COVID-19, agardabamos unha mellora para poder convocar a Asemblea Xeral.

Pero a situación empeorou, e as autoridades sanitarias ditaron a Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Así mesmo, o Consello de Ministros, na súa sesión extraordinaria do día 25 de outubro de 2020, aprobou, a través dun Real Decreto, a declaración do estado de alarma inicial de 15 días, extensible a 6 meses, para responder ante a situación de especial risco causada pola COVID-19.

Do mesmo xeito, seguindo as normativas das autoridades da Comunidade Autónoma de Galicia e das estatais, adiamos a celebración da Asemblea Xeral da ANPA, que viña tendo lugar, en cursos pasados, a principios do curso académico.

Pontevedra, 26 de outubro de 2020

A Xunta Directiva da ANPA O Verxel do IES Sánchez Cantón



25 de out. de 2020

Enquisa da ANPA

Resultados da enquisa feita ás familias de Bacharelato, socias da ANPA, sobre a docencia, a principios do curso 2020-2021.













23 de out. de 2020

Pasamento de Malena

Hoxe, 22-10-2020, morreu Mª Elena Centeno Pardilla, Malena, profesora de Física e Química do IES Sánchez Cantón.

Queremos facer patente o noso máis fondo penar e acompañar nestes momentos tristes aos seus tres fillos e familia, así como á comunidade educativa do noso instituto.

Malena, aló, onde esteas, que saibas que segues connosco, porque nunca se vai de todo quen deixa semente que, dalgún xeito, sempre medra.

Veñen á nosa mente os versos que Manuel María dedicou ao seu irmán:

... deixache o po destes camiños
e o corazón prendido nas silveiras
escoando ledicias e orballos! ...




16 de out. de 2020

Comunicado

Esta mañá, a Dirección do IES Sánchez Cantón comunicou oficialmente, a través do Espazo Abalar, o Telegram e a web do centro, a toda a súa comunidade educativa que se vai implantar a presencialidade completa para 1º e 2º de Bacharelato, ao ser dotado o centro do profesorado necesario para afrontar a devandita presencialidade.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=15591&parent=55139


Dende a ANPA agradecemos ás familias, alumnado, profesorado e persoal non docente do IES Sánchez Cantón o entusiasmo e a colaboración, mesmo, ás veces, os desacordos, para conseguir que saíse adiante esta proposta de presencialidade 100%, que avalaba toda a comunidade educativa, e que pon ao alumnado deste IES en igualdade de condicións educativas ca o alumnado doutros centros.

Agradecemos o interese e a participación do BNG, PSOE e PP nas mobilizacións das familias, e as xuntanzas con elas, así como as xestións levadas a cabo a nivel político.

Parabéns a toda a comunidade do IES Sánchez Cantón!



Nos medios de comunicación

A ANPA nos medios de comunicación:

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/claustro-ies-valle-inclan-estalla-educacion-falta-medios-personal/202010061255271106787.html


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2020/10/10/span-langglreducir-oferta-optativas-bacharelato-e-unha-posible-solucionspan/0003_202010P10C2991.htm



14 de out. de 2020

Semáforo do coronavirus

O SERGAS puxo en funcionamento unha páxina web onde pode seguirse semanalmente a evolución dos datos do coronavirus en Galicia, a unha distancia de 7 e 14 días.

Entre outros datos, ten uns mapas cos niveis de alerta por concello, para todos os concellos de Galicia, en cores verde, amarelo, laranxa e vermello.

Está en:

https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia



12 de out. de 2020

Xuntanza do venres 9-10-2020 pola tarde

O venres 9-10-2020, pola tarde, tivemos unha xuntanza con Rafa Domínguez, do PP.

Resumo dela:

“Asisten 2 representantes da ANPA e 3 do grupo de nais e pais.

Rafa transmitiulle directamente ao Conselleiro de Educación a problemática, o venres pasado. O Conselleiro dixo que en breve estará solucionado, segundo o que demandan os pais. Están traballando nunha solución pero non sabe cal é. Rafa apóianos ás familias e seguirá en contacto con nós.”



Xuntanza do xoves 8-10-2020 ás 20,15 horas no instituto

Estivemos presentes 3 persoas representantes da Xunta Directiva da ANPA, 3 do grupo de nais e pais, e 3 do Equipo Directivo do IES Sánchez Cantón. Durou dúas horas.

Levouse a cabo nunha aula, para que viramos como son as aulas e a estrutura que teñen, e que condiciona o que se pode facer nelas e como poden distribuírse.

A directora explicounos polo miúdo o desenvolvemento dos acontecementos dende o 31 de agosto ata o de agora. E ela e o xefe de estudos, comentáronnos as actuacións que levaron a cabo e o resultado destas.


A finais de agosto saíu a “ORDE do 28 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, e se dispón a publicación da Orde comunicada do ministro de Sanidade, do 27 de agosto de 2020, mediante a que se aproba a declaración de actuacións coordinadas en saúde pública fronte ao COVID-19 para centros educativos durante o curso 2020/21.”

Un cambio importante que fixo esta Orde, foi poñer a “distancia interpersoal de, polo menos, 1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo”, e nas aulas eses 1,5 m mídense “dende o centro das cadeiras”, entre unha cadeira e a contigua. Antes a distancia estaba nun metro, aínda que nas demais Comunidades Autónomas xa a tiñan en metro e medio.

Pero isto levou a que, a partir do 31 de agosto, houbese que remodelar a organización das aulas, que xa estaban organizadas, neste centro e nos demais.

A Dirección do centro valorou a situación en función do número de alumnado, profesorado, persoal de limpeza, aulas... E, tendo en conta as medidas fronte á COVID-19, solicitou 39 docentes (e persoal de limpeza), dado que había que desdobrar os grupos de alumnado, e non se podían instalar anteparos (a estrutura escalonada das aulas faino inviable, ademais de existir razóns de saúde nunhas aulas tan pequenas), e houbo que pasar as clases de Bacharelato ás tardes por falta de espazos. Ao mesmo tempo, buscou aulas noutros espazos e locais que puidesen servir de aulas, en organismos oficias distintos da Consellería de Educación (Deputación...).

A Consellería de Educación concedeu 23 docentes. Polo tanto, con 16 profesores/as menos, o IES non podía dar clases presenciais a todos os cursos, e a educación secundaria obrigatoria (ESO) non pode ser semipresencial porque é obrigatoria, así que a Dirección do centro acolleuse á ensinanza de semipresencialidade rotatoria en bacharelato, segundo a “ORDE do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia”. Isto foi aceptado pola Inspección Educativa.

Houbo xuntanzas das direccións dos institutos da cidade cos inspectores e inspector xefe. Xuntos e por separado. Cada centro coas súas circunstancias e problemas.

Estiveron no Sánchez Cantón o xefe territorial, a comisión de escolarización, o xefe de obras e a inspectora. E puideron comprobar alí mesmo os problemas que hai para a presencialidade total.

Este instituto ten moito alumnado e moito profesorado, e unha grande diversidade de materias optativas. Xestionar un centro grande é máis difícil ca xestionar un centro pequeno.

Foron descartados os centros educativos de Pontevedra para acollernos en quenda de tarde e con presencialidade completa. Resulta imposible cubrir a nosa demanda nin sequera con anteparos. Nós temos grupos de 31, 32, 33 e un grupo, mesmo, de 34. Só temos dous de 28 e un de 27. No IES Torrente Ballester, que era a nosa mellor opción, non cabemos, e o IES Valle Inclán ten aulas pequenas, e pola tarde está a Escola de Idiomas, e despois teñen Nocturno.

De base, aínda fan falta 16 docentes e 2 persoas de limpeza. Pero o coronavirus segue aí, e as demais enfermidades tamén, así que hai baixas que hai que cubrir no día a día.

Neste momento, o escenario posible pasa por:

* Incremento de profesorado. E, dependendo deste incremento, poderá atenderse á presencialidade. Se dan pouco, habería que priorizar ao alumnado que vai facer a ABAU (2º de bacharelato), e se dan máis, podería atenderse a presencialidade tamén para 1º de bacharelato.

* Duplicación dos fluxos de alumnado circulando polo centro; de 154 por quenda pasariamos a 308, e o seu correspondente profesorado. Aumento da carga viral.

* Reaxuste de todas as materias optativas. Podería darse semipresencialidade nas optativas e presencialidade 100% nas troncais. Por outra banda, se se ofertasen menos optativas, podería atenderse máis ás necesidades de profesorado e espazos, e tamén á de limpeza. Pero este reaxuste esixe a aceptación da Inspección Educativa.

Conseguindo os 39 docentes solicitados e reducindo as materias optativas, podería chegarse á presencialidade completa. Este cambio suporía un cambio na matrícula.

A Dirección do centro está a expensas do que decida a Consellería de Educación.



6 de out. de 2020

Accións levadas a cabo pola ANPA

Ante a situación existente no curso actual 2020-2021 no noso instituto, de docencia semipresencial en bacharelato, por mor da COVID-19, a Xunta Directiva da ANPA levou a cabo as seguintes accións:

* Xuntarse urxentemente para chegar a acordos sobre as medidas a tomar.

* Apoiar as manifestacións das familias de bacharelato a favor da presencialidade 100%.

* Enviar un escrito ao Xefe Territorial da Consellería de Educación en Pontevedra, e solicitarlle unha xuntanza. Estamos agardando resposta.

* Enviar ás familias socias da ANPA con fillas e fillos en bacharelato unha enquisa, para poder tomar medidas en función das súas opinións.

* Xuntarse coa dirección do centro e os representantes do grupo de nais e pais para buscar solucións.

* Solicitar información ao Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela, e Epidemiólogo, D. Juan J. Gestal Otero, membro do Comité Educativo asesor da Xunta no eido docente ante a COVID-19, sobre cal é a mellor maneira (tendo en conta que hai varias) de levar adiante a educación 100% presencial e cos menores riscos posibles para a saúde.

* Asistir o venres 2 de outubro a dúas xuntanzas, con representantes da ANPA do IES Valle Inclán, e das nais e pais do grupos que están a mobilizar á opinión pública dos IES Sánchez Cantón e Valle Inclán:

1. Xuntanza pola mañá co BNG. Resumo dela:

“Asisten nais e pais afectados do Sánchez, do Valle Inclán, a representante da ANPA do Valle Inclán e o representante da ANPA do Sánchez Cantón. O BNG ve que se comete unha desigualdade e unha ilegalidade e por iso presenta unha pregunta para resposta oral no parlamento. Todos os presentes estamos de acordo en demandar as clases presenciais 100%. As do Valle Inclán comentan que a Dirección do centro comprometeuse a buscar solucións, entre elas o uso de anteparos. O BNG anímanos a falar con Alfonso Rueda e a seguir coas concentracións. Se hai repercusión mediática pódese levar ao Pleno do Parlamento. Pregúntanlle a Demetrio se hai algunha petición de espazos por parte das direccións dos IES e di que non, que non ve espazos do Concello que se poidan usar como aulas. Dentro dunha semana poden levalo ao Pleno do Concello (a presencialidade 100%) para visibilizar máis o conflito.”

2. Xuntanza pola tarde co PP. Resumo dela:

“Asisten Rafa Domínguez, Pepa Pardo, pais e nais dos dous institutos e representantes das dúas ANPA. Rafa trasladará hoxe ao Conselleiro de Educación o comentado na xuntanza: petición de 100% presencialidade. Informará ao grupo de nais e pais a semana vindeira da situación e non descarta organizar unha reunión dos presentes co Conselleiro. Parece que Inspección Educativa está buscando solucións, segundo comentan no grupo de pais e nais do Sánchez Cantón. Rematada a reunión, Moncho propón non parar a presión e facer outra concentración o mércores sobre as 20 h.”



4 de out. de 2020

Resposta do Epidemiólogo do Comité Educativo asesor no eido docente ante a COVID-19 á ANPA

A Xunta Directiva da ANPA O Verxel, do IES Sánchez Cantón, púxose en contacto co Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela, e Epidemiólogo, D. Juan J. Gestal Otero, membro do Comité Educativo asesor da Xunta no eido docente ante a COVID-19, para facerlle unhas preguntas, e este respondeu:

"Na COVID-19 ambas medidas: diminuír o número de alumnos por aula ou o uso de anteparos, son as medidas que se están empregando, e ambas teñen utilidade. Sempre deben acompañarse da ventilación. Decidirse por unha ou outra, dependerá das circunstancias de cada centro. Eu prefiro un menor número de alumnos. Ambas son válidas.

En canto a ventilación: a súa utilidade é para evitar a transmisión por aerosois. Estes prodúcense ao falar, tusir, esbirrar, pero tamén ao respirar. Eu son partidario de que a ventilación sexa continua, e estar todos abrigados."

Esta mesma opinión é a xeralizada n@s médic@s especialistas en Medicina Preventiva e Saúde Pública, e Epidemiólog@s.



25 de set. de 2020

URXENTE: Automatrícula na Aula Virtual Moodle 2020-2021 do IES

O alumnado do IES Sánchez Cantón ten que automatricularse na Aula Virtual do instituto para poder ter acceso a ela.

O prazo é de 15 días, contados dende hoxe, 25-9-2020, porque é o día da última presentación do curso 2020-2021 aos grupos de alumnado.

Polo tanto é urxente automatricularse e non deixalo “para mañá”.

Os enlaces do instituto para ler as indicacións para facelo, están en:


https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=15591&parent=54556


https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/page/view.php?id=49082&inpopup=1



19 de set. de 2020

Problema coa aplicación Abalar móbil

Se non vos están a chegar os avisos que envían dende o instituto polo Abalar, ou se tedes calquera outra incidencia ou problema coa aplicación “Abalar móbil”, comunicádea a través da seguinte ligazón, que leva ao formulario de incidencias no “espazoAbalar”:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/atendemoloabalarmobil



16 de set. de 2020

FANPA - Clases extraescolares de inglés


Coma en cursos anteriores, a FANPA (Federación Provincial de ANPAs de Pontevedra) oferta, por medio de Global Project, clases de inglés para alumnado de institutos, de cara a preparar as certificacións de Cambrigde.

Este curso académico, 2020-2021, polas circunstancias que está a provocar a COVID-19, esta actividade pasa a ser unha actividade extraescolar en liña, e as clases daranse de xeito virtual.

Máis información en:




14 de set. de 2020

Declaración de responsabilidade ante a pandemia de COVID-19

O protocolo oficial da COVID-19 para os centros educativos establece que, para poder acceder ao centro escolar, o 1º dia de clase o alumnado ten que levar a declaración de responsabilidade asinada pola/as persoa/as da súa familia responsable/s do/a rapaz/a.

O documento pode descargarse da web do instituto, ou recollerse en papel na conserxería do instituto.

Máis información no seguinte enlace:




11 de set. de 2020

8 de set. de 2020

Reparto de libros de 1º e 2º da ESO

Reparto de libros de texto de 1º e 2º da ESO, para o curso 2020-2021:

Lugar: Vestíbulo do instituto

Día e horario:
1º ESO: venres, 11 de setembro, de 11,00 a 12,00 h

3 de set. de 2020

Recollida e solicitude de libros setembro 2020

Recollida dos libros de texto do curso 2019-2020:

3º e 4º da ESO:

Lugar: Sala de titorías

Día e horario:
3º ESO e 4º ESO: 4 setembro de 10,00 a 11,00 h



1º e 2º da ESO:

Lugar: Vestíbulo da entrada do instituto

Día e horario:
1º ESO e 2º ESO: 7 setembro de 12,00 a 13,00 h, e de 17,00 a 18,00 h



Solicitude dos libros de texto para 1º e 2º da ESO para o curso 2020-2021:

Prazo ata o luns 7 de setembro de 2020.

Para solicitar os libros, hai que entrar neste enlace e encher o cuestionario:



Ou ben, descargalo en pdf (dende o seguinte enlace), cubrilo e entregalo no instituto:





31 de ago. de 2020

Inicio do curso escolar 2020-2021

Galicia mantén o inicio do curso escolar para o 10 de setembro, coa incorporación gradual do alumnado por niveis educativos:



Instrucións polas que se incorporan as declaracións de actuacións coordinadas en materia de saúde pública para os centros educativos:




28 de ago. de 2020

Acordo do "Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud" para o curso 2020-2021

Acordo do "Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud" adoptado na súa xuntanza do 27-8-2020, sobre actuacións coordinadas ante a COVID-19 para centros educativos de ensino non universitario, de cara ao curso 2020-2021:


Isto é o acordo estatal.
Como as Comunidades Autónomas teñen transferidas as competencias de Educación e de Sanidade, ten que haber tamén acordos en Galicia, posteriores a estes.

O documento de onte fala doutro do día 22-6-2020: Guía de “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a Covid-19 en el curso 2020-2021”:

https://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:7e90bfc0-502b-4f18-b206-f414ea3cdb5c/medidas-centros-educativos-curso-20-21.pdf



22 de ago. de 2020

Os equipos covid dos centros escolares recibirán formación específica sobre o coronavirus


Os máis de 4.000 membros dos equipos Covid dos centros escolares recibirán formación específica sobre coronavirus a partir de setembro, con contidos deseñados pola Consellería de Sanidade en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.





16 de ago. de 2020

Bolsas, axudas e subvencións para estudar


O Ministerio de Educación e Formación Profesional concede Bolsas, axudas e subvencións para estudar.

Pódese ver a información sobre estas bolsas e axudas, segundo os diferentes tipos e niveis de ensino en:




6 de xul. de 2020

25 de xuño de 2020

19 de xuño de 2020

Revista CARTAFOL


Saíu xa a revista do instituto: CARTAFOL, que este curso académico fai o seu número 25.

E sae cunha diferenza cos cursos anteriores: que nos pasados houbo publicación en papel e publicación dixital na web do instituto, pero este curso sae só en dixital.

A pandemia provocada pola COVID-19 fai que teñamos que ter tino con certas cousas..., como é o caso de que non é bo andarse con papeis que pasan de mans en mans..., que hai que deixar en corentena os libros...
Por outra banda, non hai alumnado no centro e faise complicado repartir as revistas...

Así que lle damos a benvida á revista, coma todos os anos, e animámosvos a lela en pdf, a baixala, a distribuíla, a facer propaganda da nosa revista..., non porque sexa a mellor do mundo, senón porque é a nosa!




Libros da Biblioteca do instituto


Devolución de libros da Biblioteca do instituto.

As rapazas e rapaces que pediron libros da Biblioteca do instituto, ou que os teñen porque son dalgún dos Clubs de Lectura do IES, e que aínda non os devolveron, deben deixalos na conserxería do instituto.



Recollida de libros fin de curso 2019-2020


Recollida dos libros de texto:

3º e 4º da ESO:

Lugar: Sala de titorías

Día e horario:
3º ESO: 26 xuño de 10,30 a 11,30 h
4º ESO: 26 xuño de 12,00 a 13,00 h


1º e 2º da ESO:

Lugar: Sala de titorías

Día e horario:
1º ESO: 29 xuño de 10,30 a 11,30 h
2º ESO: 29 xuño de 12,00 a 13,00 h


Só os libros das materias que aproben en xuño. Quen suspenda, pode quedar cos libros ata setembro.



Ficha para subscribirse á ANPA O Verxel

Por favor, escribide con LETRA CLARA, sobre todo o voso enderezo de correo electrónico, porque se despois queremos enviar algún aviso e non se entende a letra, non podemos envialo.







4 de xuño de 2020

Datas de matrícula no instituto para o curso 2020-2021


As datas para matricular ao alumnado do IES Sánchez Cantón para o vindeiro curso académico 2020-2021 serán entre o día 1 e o día 10 de xullo, para BACH e ESO.

O enlace ao calendario concreto, e á documentación que hai que aportar, que hai na web do instituto, está en:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual2/pluginfile.php/35616/mod_label/intro/Calendario%20de%20matrícula%20de%20xullo.pdf



26 de maio de 2020

Aclaración á recollida do material do alumnado do instituto


Como dixemos xa na mensaxe de onte, estes días son “para recoller o material que o alumnado deixou no centro”.

Son para a recollida dos posibles efectos persoais que o alumnado deixara na aula, e que agora é o momento de recuperar. Os centros pecharon pola corentena ante a epidemia, e houbo alumnado que non levou todo para casa.

Hai que lle explicar á xente do instituto onde deixaron os rapaces e rapazas as cousas (roupa, material: libretas, estoxos, libros...), para que poidan atopalos e devolverllos a quen vaia buscalos, e insistimos: teñen que ser as persoas adultas da familia quen ten que ir por esas cousas.



25 de maio de 2020

Recollida do material do alumnado do instituto que non ten actividade presencial

As familias do alumnado do IES Sánchez Cantón que non ten clases a partir de hoxe (luns, 25 de maio), poden pasar polo centro a recoller o material escolar que os seus fillos e as súas fillas deixaron na aula, ou noutros lugares do centro.

Antes de ir hai que chamar por teléfono ao instituto, porque hai que establecer quendas de recollida, baseadas no número de persoas que poden estar nos espazos (recomendacións sanitarias pola COVID-19).

1º e 2º da ESO e 1º de BACH chamarán o 26 de maio, e pasarán recoller o material o día 27.

3º e 4º da ESO chamarán o 28 de maio, e pasarán recoller o material o día 29.

OLLO! Ten que pasar facer a recolleita a familia (adultos), non os fillos ou fillas!

OLLO! É para recoller o material que o alumnado deixou no centro, NON para devolver os libros. Os libros devolveranse despois de recibir as notas. As familias do alumnado que aprobe, devolverán os libros antes das vacacións. Quen suspenda, pode quedar cos libros ata setembro. Todo o que ten que ver cos libros de texto avisarao o centro no seu momento.

O enlace coas explicacións do que hai que facer agora, está en:




23 de maio de 2020

O luns 25 de maio de 2020 retómanse as clases presenciais no instituto de 2º de BACH e 2º de TSEASD

O luns, 25 de maio de 2020, comezarán de novo as clases presenciais de 2º de BACH e 2º de TSEASD, e ata o 19 de xuño (derradeiro día das clases), de cara á preparación das ABAU (probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade).

A asistencia a clase é voluntaria.

Recoméndase que o alumnado estea no instituto 10 minutos antes do comezo da súa primeira clase, co obxecto de facer unha entrada escalonada, conforme ás normas de seguridade sanitaria.

Lémbrase que será imprescindible, en todo momento, o cumprimento das normas de seguridade sanitaria, durante a presenza do alumnado e profesorado no centro: lavado ou desinfección frecuente das mans, mantemento da distancia de seguridade e uso das máscaras.

Máis información sobre as normativas e os horarios, aulas e subgrupos..., na web do instituto:




19 de maio de 2020

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020-2021


Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.




11 de maio de 2020

Proceso de solicitude de ADMISIÓN no instituto


A reserva de praza do alumnado do IES Sánchez Cantón para o vindeiro curso 2020-2021 farase de xeito telemático.

Todo o alumnado do centro, á marxe de ter ou non entregado no centro o documento de preinscrición no seu momento, fará agora unha preinscrición a través de internet antes do 18 de maio (do mes no que nos atopamos), da que chegará ás familias a información polo Abalar.

As familias que non teñan Abalar poderán facer a súa preinscripción presencialmente na secretaría do centro, entre as 9,30 h e as 13,00 h, segundo as datas para os cursos que se estableceron para o alumnado externo: